06/06/23

3º EP_ Saída ao Parlamento con discurso incluído!

Ola BALEATOS!
Hoxe fomos de excursión ao Parlamento de Galicia para participar na Campaña Mundial pola Educación (CME) 2023.

Ademais de poder ver por dentro o Parlamento, tivemos a sorte de ler diante do Conselleiro de Educación un discurso no que deixamos claros varios puntos: o afortunados que somos por todos os recursos que ten o cole, a igualdade é un dereito universal para  a infacia e a importancia da concienciación sobre a redución de residuos contaminantes e a reciclaxe en todo o mundo.

Aínda que só Leo e Candela leron o discurso, foi creado entre todos e todas. Aportamos ideas, as ampliamos, eliximos as máis importantes, engadimos anécdotas... Toda unha experiencia.

A continuación, deixamos o vídeo da CME, no que podedes ver a Leo e Candela a partires do minuto 58:10. Clica na imaxe para velo!




Ata a próxima, BALEATOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario