Participamos na "II Carreira Solidaria" convocada pola ANPA Orxeira do IES Urbano Lugrís, en colaboración coa nosa ANPA Ventorrillo.
Unha andaina solidaria na que o bo tempo e o nordés, característico da nosa costa, nos acompañaron ao longo da xornada xunto coa merenda a cargo dos organizadores, sorteo de agasallos varios e música.
Pechando un curso de convivencia solidaria!
Ningún comentario:
Publicar un comentario