06/03/10

Semana da froita








Esta semana disfrutamos todo o cole degustando froitas e coñecendo algunhas novas. Ata os mais reacios a comela, non poideron resistir a tentación....Eran tan apetitosas!!!!!!!!!

Agora os de 3º queremos pescudar algo: cal é a froita que mais gustou no cole? Para iso imos facer unhas pesquisas. Faremos unha enquisa a todos os compañeiros, rexistraremos os datos nunha táboa e representaremos os resultados nun gráfico. Publicaremos os resultados neste mesmo blogue e mais no mural do cole. Asique, andade atentos....Vos cal pensades que vai ser a raíña da froita?

Mandarina, plátano, mazá, aguacate, mango, melón, piña, papaya, fresa ou kiwi?

Ningún comentario:

Publicar un comentario