05/12/09

Obradoiros sobre o traballo decente

Os días 3 e 4 de Decembro os/as alumnos/as de Malpica participaron nuns obradoiros de "Traballo Decente" e "Consumo Responsable". Os falcatrueiros fixemos unha Xinkana e mais aprendemos a mercar.

O primeiro obradoiro chamábase CANTAS COUSAS PODO MERCAR? Aquí cada un de nós tiña unha ficha onde estaban debuxados distintos produtos de consumo do día a día, uns que cubren necesidades básicas e outros non tan básicas. Noutra ficha tiñamos dous carriños, unha para facer a compra para a nosa familia e outro para facer a compra para unha familia dun país non desenvolvido.
Como nos paises do sur económico perciben 5 veces menos salario, no carriño desta familia só podemos meter un produto e no da nosa familia 5. Entón puxémonos man a obra. Coloreamos o que queriamos mercar, recortamos e marcarmos no carro da nosa familia os produtos básicos. Deste xeito reflexionamos sobre dous asuntos: por un lado, que noutros países, cos salarios que teñen, só poden cubrir as necesidades básicas. Por outro, analizamos se a nosa compra foi axeitada, se cubrimos as necesidades básicas ou pola contra, só mercamos "caprichos" e quedamos sen o importante.

Na XINKANA cada grupo tiña que superar unhas probas lúdicas e divertidas relacionadas co traballo decente. Cada unha simbolizaba unha característica que ten que ter un traballo digno. Neste xogo de simulación uns grupos tiñan todas as facilidades para realizar a proba e outros moitas dificultades, cambiando logo as tornas.
Por cada proba superada, o grupo conseguía unha peza do quebracabezas.

Aquí tedes as fotos da nosa experiencia

Ningún comentario:

Publicar un comentario