24/02/25

CARREIRA DE CROS (CAMPO A TRAVÉS) EN CARBALLO

 O pasado venres 21 de febreiro o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de educación primaria desprazouse ao polígono de Bértoa en Carballo onde se celebrou a carreira de cross intercomarcal da zona de Bergantiños.

Esta carreira encádrase dentro do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) na modalidade XOGADE sostida con fondos da XUNTA onde o centro participa por medio deste Plan Proxecta.

A carreira contaba cun total de 978 deportistas repartidos entre as distintas categorías (dende cadete feminino e masculino ata benxamín feminino e masculino).

Dende o CEIP Milladoiro, participamos coas categorías benxamín e alevín de ambos xéneros. O que se busca con esta iniciativa é que os nenos e nenas participen nun evento deportivo e experimenten a competición dende unha perspectiva lúdica, activa e participativa. 

A resposta foi moi boa e os nenos e nenas volveron contentos e orgullosos despois de ¨competir¨ contra outros nenos e nenas da comarca. Tratábase de participar con valores, pero tamén con espírito de esforzo e superación, e así foi. Un sobresaínte para todos e todas os que se animaron a correr. Parabéns!!

Destacamos ademáis a clasificación de varios alumnos e alumnas, mellorando a clasificación do ano pasado. En benxamín feminino Alexia quedou de 3ª e Manuela de 7ª o que lles permitiu clasificarse para a final provincial. En benxamín masculino, Anxo acadou o 5º posto. En Alevín feminino Antía quedou de campiona e Clara de 13ª e en alevín masculino, Martín Martelo de subcampión.

Moitas grazas as familias polo apoio e colaboración.

Comparto a clasificación da carreira por categorías da web da Federación Galega de Atletismo: 

CLASIFICACIÓN




Acceso á galería de imaxes picando na de abaixo 👇


NOTAS DE PRENSA:


08/02/25

4ºEP_Visita a MeteoGalicia

 O pasado luns fomos de excursión a MeteoGalicia. Alí, explicáronnos que é a contaminación do aire, como afecta a nosa saúde ou que empregan para medila.

Logo acudimos á estación meteorolóxica a observar os aparellos cos que miden a os valores de contaminación.

Gracias, MeteoGalicia!

Clica na imaxe para acceder á galería.



01/02/25

4ºEP_ Gandhi pola PAZ!

O alumnado de 4º EP leu sobre Mahatma Gandhi e, entre todas e todos, elaboramos un email para enviar ao alumnado do Hospital Materno Infantil da Coruña. 
Tamén propuxemos situacións nas que nos sentíamos en paz e... A maioría eran momentos nos que se compartía o amor! Apertas, bicos, agarimos... Cando hai amor, hai calma.

Para rematar este día, estivemos debatendo sobre a temática "Hai paz nos xogos de mesa?". A conclusión foi que, ás veces, é difícil manter a calma pero, se non hai paz, pérdese a maxia do xogo.
E incluso tivemos tempo para xogar con mooooita paz!!




19/12/24

4º EP_ Compartimos experiencias... Polo Nadal

 A cativada de 4º EP elaborou unha postal de nadal en CANVA, de xeito colaborativo, para os pescadores xubilados de Malpica. Íamos acudir este xoves pero, por ausencia da profe, foinos imposible. Así que á volta de Nadal baixaremos a darlla.

A nosa máxima ilusión é que nos ensinen un día a pescar e, a cambio, nós farémoslles unhas galletas na cociña do cole. Seguro que aprendemos un montón con eles!!

Vémonos á volta, pescadores!! Gracias de antemán pola vosa xenerosidade!

Bo Nadal!


Clica na imaxe seguinte para acceder á galería!


18/12/24

4ºEp_Receita por Nadal

Este ano, Xulia e a súa nai organizaron unha actividade na cociña do cole: crear galletas de Nadal.

Xulia foinos explicando paso a paso a elaboración da receita, lles dimos forma e as metimos no forno. 

Ao sacalas, as decoramos con colorante alimenticio. Estaban boísimas!
Gracias a Xulia e a súa mamá por compartir con nós un doce Nadal!

Clica na imaxe para acceder á galería



02/12/24

4ºEP_ Experimentamos!

 Co gallo da celebración do Día da ciencia en galego nas bibliotecas, a clase de 4º EP preparamos 3 experimentos para explicar ao resto de compañeiras e compañeiros do cole.

Así, fixemos 3 experimentos:

EXPERIMENTO 1: sumerxemos un ovo cru en vinagre e esperamos 24h. Co paso do tempo, a reacción do vinagre coa cáscara fixo que esta desaparecese, quedando unha especie de ovo flexible.


EXPERIMENTO 2: mesturamos fariña de millo e auga para facer un líquido non-newtoniano. O pasamos de pinga!


EXPERIMENTO 3: collemos 3 vasos de auga e enchemos dous deles. Colocamos un vaso vacío no medio deles e conectamos con tubiños artesanais de papel os vasos entre si. Co paso dos minutos, observamos que o vaso vacío vaise enchendo de auga, mentres que os dos laterais vanse vaciando.






O mércores fomos de visita ao resto de aulas para ver os seus experimentos. Accede á galería clicando na imaxe que aparece a continuación:



25/11/24

4º, 5º e 6º EP_ Escuadrón diabete!

 O pasado venres, 22 de novembro, tivemos na biblio unha charla na que aprendimos un montón de cousas que non coñecíamos sobre a diabete. Aínda que a algúns lles soaba como funciona a enfermidade, a maioría nunca escoitara falar dela. 

Quedounos todo moi claro e a aprendemos xogando entre todas e todos!

Gracias pola visita!




15/06/24

PVAD Camiño dos Faros (4º e 5º EP)

O pasado mércores 12 de xuño, o alumnado de 4º e 5º de educación primaria realizou un tramo do Camiño dos Faros gracias a colaboración da Asociación Salitre.

Este ano Ramón, José Manuel, Andrea e Cecilia foron os voluntarios, guías e acompañantes nesta actividade tan completa e deportiva. A ruta comezou no IES Urbano Lugrís e continuou ata o cumio da Monte Beo onde puidemos disfrutar dunhas espectaculares e fermosas vistas, logo descendemos polas antenas ata San Adrián onde merendamos e fixemos xogos ao aire libre para voltar finalmente camiñando de volta ao instituto. Agradecemos enormemente a colaboración tamén de Iván (protección civil) e Rubén (policía local) nunha xornada activa e deportiva. A ruta total foi de aproximadamente 7 kilómetros. Grazas a todos e todas.



Acceso á galería de imaxes picando na seguinte👇

05/06/24

XORNADA DE SURF EN AREA MAIOR (PVAD)

 O pasado martes 4 de xuño, o alumnado de 2º ciclo baixou á praia de Area Maior a participar na xornada de surf organizada pola academia ONE SURF academy de Malpica de Bergantiños. Os monitores foron Roi e Hugo na auga e na concienciación mediambiental e traballo na area o responsable foi Toni, o director da academia. Un ano máis temos que darlle as grazas e os parabéns a Toni, Hugo e Roi por permitirnos desfrutar desta xornada deportiva, especial e xa tradicional, xa que é a cuarta ocasión que se leva a cabo. 

                                             acceso á galería de imaxes picando na seguinte👇





25/04/24

4ºEP_ Merendas saudables?


 Ola BALEATOS!

Durante o segundo trimestre, os nenos e nenas de 4ºEP estivemos investigando sobre a cantidade de azucre que contiñan as nosas merendas. Para iso, fixemos unha investigación enorme, que vos resumimos a continuación.

Nun primeiro momento, fomos recolectando os envases das merendas que traíamos á aula (lavándoos previamente). Cando vimos que tiñamos un número importante de envases, clasificámolos segundo tiveran ou non etiqueta, para facer unha busca dos segundos en internet.

Unha vez obtidas todas as etiquetas, aprendemos a distinguir nelas os seus ingredientes (e que a cantidade de cada un está relacionada coa súa posición na lista) e o valor nutricional do alimento (distinguindo os azucres por cada 100g e por ración).

Así, repartimos todas as etiquetas entre os 4 equipos cooperativos da aula. Na ficha de traballo fomos anotando a cantidade de azucre por porción (total da merenda) e por 100g. Unha vez completada a ficha, comprobamos que alimentos eran, supostamente, os máis e menos saudables. 

Despois de corrixir algún que outro erro, tiñamos unha lista de merendas bastante ampla. Descartamos merendas repetidas, como iogures ou tortiñas de millo, quedándonos cun total de 11 envases. 

Para rematar, fomos á cociña para preparar o mural. Coa báscula, fomos medindo o azucre e meténdoo en diferentes bolsiñas. Pegamos todos os envases e, ao seu lado, a bolsiña co azucre correspondente. Logo, anotamos a porcentaxe de azucre debaixo.


Tan só nos quedaba explicar todo o realizado, que non foi pouco! Como expertos, non dubidamos en facelo de tres xeitos diferentes:

  • Creamos unha nova entrada no noso caderno de investigación persoal. 


  • Gravamos un podcast, que incluímos no mural mediante o código QR. O podes escoitar clicando

  • Fixemos mini Educa-Tribos nos que, durante a Hora de Ler, cada equipo cooperativo explicou a outro alumnado do centro o que realizaron, investigaron e aprenderon durante a realización do proxecto. 

Clica aquí para acceder á galería de imaxes do proxecto.

Esperamos que vos guste!