30/04/19

UN MAR DE PLÁSTICOS

Non queremos afogar nun mar de plásticos


  Nos últimos anos comezaron a saltar as alarmas sobre a problemática ambiental que supón a contaminación dos mares e océanos, especialmente, polos plásticos. 
A todos e a todas nos soan imaxes coma estas 


https://www.canarias7.es/sociedad/un-laboratorio-contra-el-plastico-en-el-mar-DX4770270https://www.lavanguardia.com/natural/20180604/444025779128/plasticos-un-solo-uso-drake.html
https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/grandes-reportajes/ahogados-mar-plastico_12712

 


Pero... realmente é para tanto a alarma?

De onde veñen a maioría destes plásticos?

Como danan a fauna e a flora?

Existen xa "mares de plástico"?

Que podemos facer?

Ó longo do curso fomos levando a cabo pequenas investigacións sobre esta problemática ambiental, e chegamos a conclusión de que o único que podemos facer nós, e tamén vós! é REDUCIR o consumo de plásticos, REUTILIZAR os que xa temos, e RECICLAR os que xa non son válidos.

Como proxecto final, elaboramos de xeito cooperativo estes murais, mediante os cales pretendemos facer ós demáis conscientes do gran problema ambiental ó que as nosas xeracións temos que facer fronte. 




Bótalle un ollo a estes enlaces, se queres obter máis información












14/04/19

Ledicia Costas en Radio Balea

Cando Ledicia nos visitou en abril, os nenos e nenas de 5º fixéronlle unha entrevista en radio Balea. Velaí!

26/03/19

Mortiña. 4º de Primaria

E, desta volta son dúas alumnas de 4º de primaria quenes nos recomendan este libro que... xa nos dan ganas de lelo!

25/02/19

Día de Rosalía


Moito nos presta Rosalía e a súa poesía! Os nenos e nenas 3º e 4º de primaria rendiron homenaxe á unha das nosas escritoras máis celebres: Rosalía de Castro co  gallo do aniversario do seu nacemento. 
Nesta ocasión recitamos fragmentos de poemas da autora nos que fai algunha referencia ao mar e  fixemos un mural dun fondo mariño.
Como remate baixamos a recoller uns agasallos: un libro en galego e unha rosa de papel (proposta da AELG)










30/01/19

O relevo de España

Aquí vos deixo uns enlaces cuns xogos interactivos que vos van axudar a aprender sobre o relevo de España.




15/01/19

Personaxes do inframundo

Como xa vos contamos, este curso estamos lendo Escarlatina, a cociñeira defunta. Nesta ocasión, o alumnado de 4º de Primaria inventou cadanseu personaxe que ben podería incorporarse á novela que tanto nos está gustando.
Este caderno recolle os traballos feitos por elas e eles, personaxes do inframundo, do Alén, veciños e veciñas da protagonista deste fantástico libro.



20/12/18

NADAL 2018

Estimadas familias:
Desexámosvos que disfrutedes  das festas do Nadal e que teñades un próspero aninovo. 
Vémonos á volta das vacacións!!!




19/12/18

BROWNIES NAVIDEÑOS



Invadidos polo espíritu do Nadal volvemos á cociña con intención de facer outra das receitas que recolle o libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. Nesta ocasión elaboramos uns riquísimos brownies e quixemos darlle un toque distinto e divertido tendo en conta as datas nas que estamos.

Así foi como nos quedaron os brownies co gorriño de Papá Noel. J
Deliciosos!!!