Os nenos e as nenas de 3º co motivo da XII Semana das Lecturas Terroríficas, foron a Radio Balea a locutar duas lendas relacionadas coa Costa da Morte, non volas perdades!!
Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
27/10/21
25/10/21
3ºEP_Día das Escritoras Galegas e Día da Biblioteca Escolar
Con motivo da celebración do día das Escritoras Galegas (18 de outubro) e das Bibliotecas Escolares (24 de outubro), participamos na tarefa integrada "Pondo cara a... 18 escritoras galegas". Nela, puxemos en práctica os coñecementos do Laboratorio Documental e a nosa competencia en Alfabetización Mediática e Informacional, identificando os títulos de diferentes obras, investigando no catálogo da nosa biblio o nome da súa autora e facendo, finalmente, unha pesquisa da súa imaxe (poñendo así cara ás mulleres escritoras que enchen os nosos andeis de historias)
4º_XII Semana das Lecturas Terroríficas
Presentamos o produto final do Laboratorio Documental que desenvolvemos a través da Tarefa Integrada Confundindo lendas!
Esperemos que vos guste, nós divertímonos aprendendo.
Un laboratorio lendario!
22/10/21
4º_Lab. Documental: formación
Ao longo do mes de outubro desenvolvemos a formación do Laboratorio Documental: formación de usuari@s e alfabetización en información; para elo empregamos diferentes sesións, coma a sesión Aprender a Investigar (Libre Configuración en 4º e 6º de Primaria)
Esta semana, completamos a formación pondo en práctica os coñecementos adquiridos a través da actividade dinamizada polo equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua: 18 Escritoras Galegas (celebrando o Día das Escritoras e o Días das Bibliotecas), para pór cara, nome e apelidos ás autoras de cada título e... obxectivo cumprido!
Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da actividade.
Seguimos investigando, formándonos!
3º_Lab. de son: que sabemos de Malpica?
Como inicio do noso PDI Nós, patrimonio in-material!, o alumnado de 3º fixemos, a modo de avaliación inicial, o noso primeiro podcast en Radio Balea. Nel, compartimos coa comunidade educativa que coñecemos da nosa localidade, Malpica. De seguro que ao remate deste curso poderemos contarvos moitas cousas máis!
21/10/21
4º_Lab. de Son: que sabemos de Malpica?
Iniciamos o Laboratorio de Son elaborando, por equipos, os guións para gravar en Radio Balea o primeiro podcast do curso 2021/22. O podcast recolle o guión de cada equipo: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, novos nomes de equipos para novo PDI.
Presentamos o noso MillaInforma: que sabemos de Malpica?, para dar comezo ao Proxecto Documental Integrado que nos ocupará ao longo de dous cursos escolares, centrándonos neste primeiro ano en Malpica e a Costa da Morte.
Premendo na imaxe poderedes acceder as fotos das sesións de gravación.
Deseguido podedes escoitar o noso programa, presentado por Belén para que nos quede a súa voz de recordo cando teña que voltar a universidade.
Esperamos que vos guste, nós pasámolo xenial!
18/10/21
4º_Aprender a Investigar
Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da materia.
A seguir investigando!
15/10/21
4º_Principiando!
Un ano máis, un curso máis... xunt@s!
Principiamos 4º curso de Educación Primaria con actividades variadas e divertidas, dando comezo ao novo PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!. Un Proxecto Documental que persegue o coceñemento de nós e do noso, valorando de onde vimos para saber cara onde imos.
Inauguramos o PDI coa visita da AC Raigañas de Cerqueda, comezando o curso ao son da música e o baile tradicional. Na imaxe podedes ver a Belén Veiga, alumna do Practicum II da Facultade de CC da Educación de A Coruña que xa nos acompañou o curso pasado e elexiu dar continuidade as súas prácticas no noso colexio, no noso grupo.
Iniciamos curso e iniciamos novas dinámicas coma Emocibuzón.com, unha caixa do correo onde depositar os nosos escritos en relación coa escola e como nos sentimos integrando emocións e comunicación, así coma a asemblea semanal ou círculo comunicativo para expresarnos e dialogar en gran grupo.
Damos continuidade aos Diver-Ditados e as sesións Hora de Ler, nas que compartir lecturas e enriquecernos xunt@s cos títulos do Plan Lector Anual, realizando Que me contas? ou preparando, por parellas, as lecturas elexidas para a actividade voluntaria Hoxe le...
Premendo no seguinte enlace accederedes ao álbum de imaxes...
4ºEP_Principiando 2021/22
Seguiremos emocionándonos, comunicando, experimentando, creando.
A por un curso moi noso, un curso de todas e todos.
11/10/21
3º_ Resumo das primeiras semanas de curso
Parece que o verán xa queda moi atrás, ainda que por agora o sol nos acompaña no CEIP Milladoiro! As nenas e nenos de 3º levamos un mes habitando a nosa aula, que pouquiño a pouco se vai convertindo nun pequeno fogar e que, como o resto de fogares, precisa unhas normas de convivencia, unas rutinas, horarios, pero tamén recunchiños onde sentirnos cómodas e relaxarnos (como o noso recanto lector!):





