02/12/20

3º_Aula Virtual e avatares

Creamos os nosos avatares para poder editar a imaxe do noso perfil na Aula Virtual (AV)

Ante posibles confinamentos iniciámonos, con titorial en man, no acceso e uso da AV.

Picando na imaxe accederedes ao álbum no que se recollen todos os avatares que creamos, as nosas imaxes virtuais.

01/12/20

3º_Outono de palabras, outono de pictogramas

Un outono de palabras e pictogramas para emocionarnos, comunicarnos, expresarnos porque temos dereito a ser escoitados/as nun mundo diverso.

Un proceso moi fermoso que nos levou dende a creación das nosas propias nubes de palabras e nube de pictogramas partindo do poema "Palabras" de Gianni Rodari e o traballo da simetría para confecionar as follas de outono ata a técnica plástica para debuxar os pictogramas usando o pictotraductor en liña (https://www.pictotraductor.com/) e o tratamento dos Dereitos da Infancia.

Picando na imaxe accederedes ao ficheiro desta emocionante Tarefa Integrada.

20/11/20

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

Hoxe, 20 de Novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso, dende o CEIP Milladoiro queremos reivindicar o Dereito a unha Educación en Igualdade e de Calidade para todos e todas, e darlle así voz a tod@s os que non a teñen.

Vai sendo hora de encamiñarnos a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 de desenvolvemento sostible nun mundo diverso. Un destes obxectivos é unha EDUCACIÓN DE CALIDADE. 
Nós tentamos, día a día, pór o noso pequeno gran de area para ir...
CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR!


09/11/20

4º_Que me contas?

 



INICIANDO.....que me contas?


Iniciamos o programa de animación á lectura QUE ME CONTAS?

Os xoves baixamos á biblioteca a realizar os empréstitos dos libros, un deles é o que lemos e co que realizamos esta actividade na HORA de LER.

 Tamén collemos outros que levamos para ler na casa, á seguinte semana entre o luns e o martes ímolos traendo e colocámolos na caixa DE LER da clase en coarentena para poder baixalos a biblio o xoves.

Pica a imaxe para acceder á galería.

29/10/20

4º_Cabazas Fantásticas SH



Para celebrar o Samain, creamos en familia Cabazas Fantásticas: Superheroes e Superheroinas.

Picando na imaxe accederedes á galería.

27/10/20

3º_Ollo Vermello

Presentamos a nosa creación co binomio fantástico de Rodari para a XI Semana das Lecturas Terroríficas, non contamos con público pero alegrounos moito poder voltar subir ao escenario da nosa Biblioteca.

Pasámolo xenial creando a historia en gran grupo e editándoa xuntos/as, faltounos o noso compañeiro Alexis por coincidir o horario da Biblioteca co día que el está no centro de E.E. por iso a nosa actuación vai adicada a el.

Esperamos compañeiros/as que a desfrutedes tanto coma nós e...

FELIZ SAMAÍN, A LER SEN FIN!

26/10/20

3º_Cabazas Fantásticas


Picando na imaxe accederedes ás creativas cabazas SH: SuperHeroes e SuperHeroínas, que creamos en familia para celebrar o Samaín.

Quen dixo medo? Un Samaín fantástico!

23/10/20

Lab. Documental: Rodari&Bibliotecas

Esta semana iniciamos os Laboratorios de Aprendizaxe LeoLab para o alumnado de 3º a 6º de E.P. porque PÓDESE seguir ensinando, educando con metodoloxías activas nas que todo o noso alumnado sexa protagonista das súas aprendizaxes.

O Laboratorio Documental 1 levouse a cabo co subgrupo de alumnado de 3º, o grupo 1: 3ºA.

A exposición Fantasía Rodari serviu de punto de partida á primeira sesión deste laboratorio, no cal investigamos e puxemos en práctica como se identifican os libros.

Libros de Gianni Rodari e outros/as autores/as da nosa Biblioteca, celebrando así o centenario do autor (23 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro)

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da sesión.



14/10/20

3º_Binomio fantástico Rodari

Seguindo o PDI anual e as actividades propostas pola XE e o equipo de BE-NL para este 1º trimestre de curso, iniciamos a creación da nosa propia historia de misterio/medo coa dinámica de Gianni Rodari: binomio fantástico.

Montamos os nosos cubos que en cada cara recollían unha parella de palabras ou binomio fantástico para comezar a crear as nosas historias poñendo en práctica a técnica.

Comezamos a crear, en gran grupo, a nosa propia historia para a XI Semana das Lecturas Terroríficas que este ano serán presentadas ao resto de compañeiros/as en audio ou vídeo, a través dos blogues de ciclo,  ante a imposibilidade de reunirnos todos/as na nosa Biblioteca.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos do inicio desta actividade que tanto nos está gustando.

13/10/20

3º_Que me contas?


Esta semana iniciamos o programa de animación á lectura Que me contas?

O pasado curso realizábamolo en familia levando un libro na bolsiña viaxeira coa actividade a completar.

No presente curso, esta actividade realizámola ao longo da semana nas sesións Hora de Ler e se non nos dá tempo de rematar o libro levámolo a fin de semana. Os luns depositamos todos os libros na caixa-corentena da aula.

Encántanos baixar á BE a realizar os empréstitos dos libros e colocar o noso marcador persoal Leo no lugar de onde retiramos o exemplar, unha maneira de axudar a manter ordeada a nosa Biblio.

Ler e contar, todo é comezar!