Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
17/04/20
Joan Miró
Esta semana tocou analizar a obra de Joan Miró.
Reinventala, personalizala.
Reinventala, personalizala.
Velaquí as vosas creacións!!!
Menudos artistas!!
Alma
Daniela
Germán
Óliver
Antía
Carmela
Iker
Moisés
Dylan
Lucía
Laura
Icía
14/04/20
SCRATCH
Scratch como sabedes, é unha linguaxe de programación visual.
Podedes descargar a app, e así empregala despois sen necesidade de conexión a Internet,
https://www.scratch.school/aprender/descargar-scratch-3-0-a-nuestro-pc/
ou podedes usalo online:
Podedes descargar a app, e así empregala despois sen necesidade de conexión a Internet,
https://www.scratch.school/aprender/descargar-scratch-3-0-a-nuestro-pc/
ou podedes usalo online:
Este vídeo pódevos ser de axuda para comezar. Comeza explicando a importancia de aprender a programar, e despois afonda no SCRATCH.
En calquer caso lembrade o que sempre vos digo no laboratorio:
- Apréndese cacharreando, probando! Non teñades medo, non vai explotar.
Se creades unha conta, podedes gardar os proxectos que vaiades facendo, así podemos velos á volta!!
A programar equipo!!!
Etiquetas:
creatividade,
cuarentena,
laboratorio imaxe b,
scratch
Máquina das faccións
Carmela e Icía construíron esta máquina das fraccións coa axuda da familia, quen se atreve?
Inicio 3º trimestre
Carta da dirección do CEIP Milladoiro ás familias, redactada o domingo 12 de abril de 2020 e publicada o mesmo día na web do centro.
Queridas familias: agardamos que todos gocedes de boa saúde.
Como ben sabedes, o vindeiro martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre do presente curso 2019/20. E reanudaremos a actividade académica, propiamente dita, con todo o noso alumnado.
Sabemos o difícil que está a ser facer escola sen estar na escola Sabemos que os nenos e as nenas necesitan o ambiente motivador das aulas para seguir aprendendo… e que esta situación énchenos de incertezas e inseguridades porque temos máis preguntas que respostas.
Pero tamén sabemos que somos xente afouta e que neste momento o realmente importante é conservar intacta a esperanza, o ánimo e os vínculos que nos enlazan sexan estes familiares, profesionais ou simplemente… de afecto. Empregar o tempo en fortalecelos será un capital que levaremos con nós toda a vida. Sobre todo os nenos e as nenas.
A Consellería, que en todo este período non se caracterizou por manternos informados, segue na súa líña. De maneira que, hoxe domingo, non temos directrices para o desenvolvemento profesional do noso labor.
Sabemos que o vindeiro mércores haberá unha reunión sectorial da Ministra Celaa cos conselleiros das disferentes CC.AA. e pode ser que os seus acordos sexan trasladados a Galicia polas nosas autoridades educativas. Pode. En calquera caso, terémosvos informados.
De momento: o martes o profesorado colgará novas tarefas primando contidos procedimentais e actitudinais sobre os conceptuais.
Tende a seguridade de que vos estamos a trasladar puntualmente canta información nos chega das autoridades educativas e así o seguiremos a facer.
Apertas, azos, saúde e moita esperanza!
A Dirección
06/04/20
31/03/20
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















