Como xa vos contamos, este curso estamos lendo Escarlatina, a cociñeira defunta. Nesta ocasión, o alumnado de 4º de Primaria inventou cadanseu personaxe que ben podería incorporarse á novela que tanto nos está gustando.
Este caderno recolle os traballos feitos por elas e eles, personaxes do inframundo, do Alén, veciños e veciñas da protagonista deste fantástico libro.
Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
15/01/19
03/01/19
Practicamos divisiones
Comparto estes recursos interactivos para que practiquedes as divisións por dúas cifras.
Clicade en cada ligazón para acceder aos xogos.
Clicade en cada ligazón para acceder aos xogos.
- http://www.joaquincarrion.com/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/03_Mates/datos/05_rdi/ud03/1/01.htm
- http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/ladivision/resuelve/doscifras/resuelve_dc_p.html
20/12/18
NADAL 2018
Estimadas familias:
Desexámosvos que disfrutedes das festas do Nadal e que teñades un próspero aninovo.
Vémonos á volta das vacacións!!!
19/12/18
BROWNIES NAVIDEÑOS
Invadidos polo espíritu do Nadal volvemos á cociña con intención de facer outra das receitas que recolle o libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. Nesta ocasión elaboramos uns riquísimos brownies e quixemos darlle un toque distinto e divertido tendo en conta as datas nas que estamos.
Así foi como nos quedaron os brownies co gorriño de Papá Noel. J
Deliciosos!!!
Etiquetas:
Aula cociña,
biblioteca creativa,
brownie,
Escarlatina
01/12/18
Madalenas Escolares
Esta semana comezamos a traballar cun dos libros incluídos
no Plan Lector deste curso. Trátase de Escarlatina, a cociñeira defunta.
COSTAS, LEDICIA. Ed. Xerais.
É un libro de aventuras apaixoante. Ademáis, contén unha ducia de receitas e, aproveitando
que o noso cole ten unha Aula de Cociña, puxémonos mans á masa e fixemos unhas
exquisitas madalenas caseiras.
Etiquetas:
Aula de Cociña,
biblioteca creativa,
Escarlatina,
madalenas
19/11/18
PRACTICAMOS ORTOGRAFÍA
Animádevos a practicar a ortografia dun xeito máis ameno con estes xogos
Clica na imaxe para acceder.
16/11/18
Terror baixo as augas
Como cada ano, cando se achega o Samaín, no noso cole celebramos a semana das lecturas terroríficas. Para esta ocasión, o alumnado de 4º de Primaria inventou un conto con temática de terror e tendo como protagonista a Leo, a mascota da nosa biblioteca. A partir deste pequeno relato, creamos un audiovideo coa técnica de Stopmotion empregando os debuxos que foron facendo os nenas e nenos da aula.
Terror baixo as augas from bemilladoiro on Vimeo.
Etiquetas:
biblioteca creativa,
escornabots,
lecturas terroríficas,
samaín,
stopmotion
11/11/18
Saída escolar (3º e 4º EP)
O pasado 7 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria
realizaron a primeira saída escolar do curso.
A primeira parada foi para visitar o dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños da
man de Lito, o guía do concello.
A segunda visita foi ás Torres do Allo no Concello de Zas.
Aquí, Tania, a guía, tíñanos preparado
un xogo de pistas co que o pasamos xenial.
Foi unha xornada ben interesante e divertida!
Etiquetas:
dombate,
excursión,
saída escolar,
torres do allo
16/10/18
Unha volta ao pasado
Amosamos o primeiro dos produtos finais desta tarefa integrada sobre a Prehistoria. Por equipos prepararon cadanseu mapa mental e unha exposición oral sobre as características máis destacadas do Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais, Arte rupestre e Megalitismo.
09/10/18
ACENTUACIÓN DE PALABRAS
Practica a acentuación de palabras con estes xogos
interactivos. Para acceder a eles clica nas imaxes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















