01/12/18

Madalenas Escolares


Esta semana comezamos a traballar cun dos libros incluídos no Plan Lector deste curso. Trátase de Escarlatina, a cociñeira defunta. COSTAS, LEDICIA. Ed. Xerais.
É un libro de aventuras apaixoante. Ademáis,  contén unha ducia de receitas e, aproveitando que o noso cole ten unha Aula de Cociña, puxémonos mans á masa e fixemos unhas exquisitas madalenas caseiras.  


19/11/18

PRACTICAMOS ORTOGRAFÍA


Animádevos a practicar a ortografia dun xeito máis ameno con estes xogos

Clica na imaxe para acceder.


16/11/18

Terror baixo as augas

Como cada ano, cando se achega o Samaín, no noso cole celebramos a semana das lecturas terroríficas. Para esta ocasión, o alumnado de 4º de Primaria inventou un conto con temática de terror e tendo como protagonista a Leo, a mascota da nosa biblioteca. A partir deste pequeno relato, creamos un audiovideo coa técnica de Stopmotion empregando os debuxos que foron facendo os nenas e nenos da aula. Terror baixo as augas from bemilladoiro on Vimeo.

11/11/18

Saída escolar (3º e 4º EP)


O pasado 7 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria realizaron a primeira saída escolar do curso.
A primeira parada foi para  visitar  o dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños da man de Lito, o guía do concello.
A segunda visita foi ás Torres do Allo no Concello de Zas. Aquí, Tania, a guía,  tíñanos preparado un xogo de pistas co que o pasamos xenial.

Foi unha xornada ben interesante e divertida!




16/10/18

Unha volta ao pasado

Amosamos o primeiro dos produtos finais desta tarefa integrada sobre a Prehistoria. Por equipos prepararon cadanseu mapa mental e unha exposición oral sobre as características máis destacadas do Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais, Arte rupestre e Megalitismo.














09/10/18

ACENTUACIÓN DE PALABRAS


Practica a acentuación de palabras con estes xogos interactivos. Para acceder a eles clica nas imaxes.




17/06/18

De excursión con Traski polo mundo da grandes pedras

O pasado xoves 14 de xuño realizamos a excursión de fin de curso. Desta vez fomos de aventura por Camelle en busca de Traski, a mascota do Camiño do Faros. Tivemos a sorte de que nos acompañase Ramón, un dos directivos desta asociación. Aprendemos un montón de cousas e pasámolo xenial.
Excursión con Traski from bemilladoiro on Vimeo.

04/06/18

Fin de Proxecto: Un mar de contos



Non podemos estar máis orgullosos deste resultado. Velaí parte do traballo no que levamos volcados todo o curso; Grazas á profesora de música por esta fermosa melodía e polo labor de coordinación do tódalas titorías. Tamén aos profesores/titores porque nas aulas é onde todo sucede. A nós encántanos! Agora falta o video, a ver se somos capaces...

03/06/18

Caderno de animais mariños

Xa sabemos un chisquiño máis sobre o fondo mariño e algúns dos seus moradores. Nesta ocasión os nenos e nenas de 3º estiveron investigando sobre as características e comportamento dalgúns animais mariños que recollemos neste caderno.

29/05/18

Os libros da Titiriteira

O pasado venres recibimos a visita  de Celtia Figueiras, membro da compañía de monicreques “A xanela do maxín”. Veunos presentar Os libros da titiriteira. Espectáculo con libros enormes que contiñan no seu interior pequenos e divertidos relatos.
Pasamos un bó anaco na Biblioteca do noso cole!