Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
19/11/18
PRACTICAMOS ORTOGRAFÍA
Animádevos a practicar a ortografia dun xeito máis ameno con estes xogos
Clica na imaxe para acceder.
16/11/18
Terror baixo as augas
Como cada ano, cando se achega o Samaín, no noso cole celebramos a semana das lecturas terroríficas. Para esta ocasión, o alumnado de 4º de Primaria inventou un conto con temática de terror e tendo como protagonista a Leo, a mascota da nosa biblioteca. A partir deste pequeno relato, creamos un audiovideo coa técnica de Stopmotion empregando os debuxos que foron facendo os nenas e nenos da aula.
Terror baixo as augas from bemilladoiro on Vimeo.
Etiquetas:
biblioteca creativa,
escornabots,
lecturas terroríficas,
samaín,
stopmotion
11/11/18
Saída escolar (3º e 4º EP)
O pasado 7 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria
realizaron a primeira saída escolar do curso.
A primeira parada foi para visitar o dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños da
man de Lito, o guía do concello.
A segunda visita foi ás Torres do Allo no Concello de Zas.
Aquí, Tania, a guía, tíñanos preparado
un xogo de pistas co que o pasamos xenial.
Foi unha xornada ben interesante e divertida!
Etiquetas:
dombate,
excursión,
saída escolar,
torres do allo
16/10/18
Unha volta ao pasado
Amosamos o primeiro dos produtos finais desta tarefa integrada sobre a Prehistoria. Por equipos prepararon cadanseu mapa mental e unha exposición oral sobre as características máis destacadas do Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais, Arte rupestre e Megalitismo.
09/10/18
ACENTUACIÓN DE PALABRAS
Practica a acentuación de palabras con estes xogos
interactivos. Para acceder a eles clica nas imaxes.
17/06/18
De excursión con Traski polo mundo da grandes pedras
O pasado xoves 14 de xuño realizamos a excursión de fin de curso. Desta vez fomos de aventura por Camelle en busca de Traski, a mascota do Camiño do Faros. Tivemos a sorte de que nos acompañase Ramón, un dos directivos desta asociación. Aprendemos un montón de cousas e pasámolo xenial.
Excursión con Traski from bemilladoiro on Vimeo.
Excursión con Traski from bemilladoiro on Vimeo.
04/06/18
Fin de Proxecto: Un mar de contos
Non podemos estar máis orgullosos deste resultado. Velaí parte do traballo no que levamos volcados todo o curso; Grazas á profesora de música por esta fermosa melodía e polo labor de coordinación do tódalas titorías. Tamén aos profesores/titores porque nas aulas é onde todo sucede. A nós encántanos! Agora falta o video, a ver se somos capaces...
03/06/18
Caderno de animais mariños
Xa sabemos un chisquiño máis sobre o fondo mariño e algúns dos seus moradores. Nesta ocasión os nenos e nenas de 3º estiveron investigando sobre as características e comportamento dalgúns animais mariños que recollemos neste caderno.
29/05/18
Os libros da Titiriteira
O pasado venres recibimos a visita de Celtia Figueiras, membro da compañía de monicreques “A xanela do maxín”. Veunos presentar Os libros da titiriteira. Espectáculo con libros enormes que contiñan no seu interior pequenos e divertidos relatos.
Pasamos un bó anaco na Biblioteca do noso cole!
Pasamos un bó anaco na Biblioteca do noso cole!
07/05/18
Ponlle pilas ao teu bocata!
O alumnado de 3º e 4º de Primaria puido comprobar os saborosos bocatas que se poden facer usando como ingrediente principal algún produto do mar en conserva.
E o pan, mercámolo? NON! Como veredes no video, foron eles e elas os que fixeron o seu propio boliño de pan.
Aprendemos a facer unha receita e analizamos a información que contén as etiquetas dunha lata de conservas: denominación, peso, información nutricional, caducidade e conservación.
As especies mariñas en conserva (atún, mexillóns, xoubiñas…) xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, lácteos, cereais…serviron para elaborar cadansúa receita dun bocata rico e cheo de enerxía.
O programa ALIMENTA-T BEN que promove a Consellería de Educación quere fomentar dietas saudables entre a poboación escolar e Ponlle pilas ao teu bocata é unha campaña deseñada para transmitir aos escolares a importancia do consumo de conservas de produtos do mar.

Aula cociña,
especies mariñas,
mar,
ponlle pilas ao teu bocata
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)