Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
27/02/18
Día de Rosalía
Coma todos os anos, quixemos conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Nesta ocasión, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria rendímoslle homenaxe recitando algunhas das súas poesías e construindo un mural colectivo con fermosos augamares deseñados polo alumnado.
13/02/18
Entroido de LURAS
Vimos de celebrar fai uns días o entroido no colexio cuxa
temática este ano foi O MAR. O disfraz
escollido na aula de 3º de primaria foi o de LURA inspirado nun poema que
aparece no libro Acuario de María Canosa. Foron días de traballo intenso e de
moitos nervios por rematar a tempo o disfraz e poder lucilo no desfile que
tiñamos organizado.
Amosamos algunhas imaxes do proceso e do resultado.
Aprender a dividir
Nestes próximos días na área de Matemática imos comezar a aprender a dividir. Con este xogo de La Pandilla Rejilla podedes pór en práctica o que imos traballar na aula.
02/02/18
Un mar, dúas orillas. 3º Primaria
Unha das actividades á que nos convidaron participar dende a
Biblioteca do noso cole polo Dia Internacional da Paz e a non Violencia, foi a
de UN MAR, DÚAS ORILLAS. Consistía en intentar contactar con nenos e nenas doutras
partes do mundo tendo o Atlántico como nexo común.
Puxémonos en contacto co Colexio Español de Rabat (Marrocos)
e a profe de 3º de Primaria respondeunos que estaría encantada de coñecernos e
compartir moitas experiencias con nós.
Así que redactamos entre todas e todos un email que
enviamos, xunto con algunha foto da nosa localidade e aos poucos días obtivemos
resposta. Que ilusión nos fixo!!
Prometemos que seguiríamos escribíndonos.
31/01/18
Alimentación saudable
Se pinchades na imaxe accederedes a un xogo interactivo que vos vai permitir seguir practicando sobre o tema que acabamos de traballar na aula en Ciencias da Natureza. Tamén vos pode ser de axuda para elaborar a dieta saudable que vos pedin como tarefa final deste tema.
22/12/17
NADAL 2017
Desexamos a todas as familias do CEIP Milladoiro, e en especial ás de 3º e 4º de primaria, moi boas festas e un venturoso ano 2018.
Saúde e felicidade para todos e todas!!!
Vémonos á volta das vacacións!!!
19/12/17
Excursión do 1º trimestre
Vídeo resumo da saída escolar do alumnado de 3º e 4º de primaria ao Museo do Mar de Laxe e ao MELGA en Ponteceso.
Foi unha excursión moi divertida e ata nos gravaron para sair na TVG, no programa A Revista. !!!
(Pinchando en A Revista accedes ao programa)
Foi unha excursión moi divertida e ata nos gravaron para sair na TVG, no programa A Revista. !!!
(Pinchando en A Revista accedes ao programa)
13/12/17
Mundo de mares
Na área de Ciencias Sociais tocou aprender sobre os
continentes e os océanos. Aproveitando que este curso temos como proxecto de
centro O MAR quixemos ampliar os nosos coñecementos investigando sobre algún dos
mares que temos no noso planeta.
Buscamos información en Atlas e na rede e finalmente colocamos
no planisferio os óceanos e os mares que fomos descubrindo.
Noraboa rapazas e rapaces por tan bó traballo!!
05/12/17
30/11/17
Concurso Contos de Nadal na Costa da Morte
Hoxe, día 30 de novembro, remata o prazo para poder participar no concurso de Contos de Nadal- Costa da Morte. O alumnado de 3º e 4º de primaria do noso colexio redactaron e enviaron uns contos marabillosos.
Moita sorte pequenos/as escritores/as!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















