19/12/25

3º_Felices Festas!

A aula de 3º deséxavos...

Felices Festas!

Nós esperamos un 2026 con máis momentos de aprendizaxe e diversión compartidos, sempre coas nosas familias e profesorado como faros-guía.

Feliz 2026!

17/12/25

3º_Árbore de Nadal: marabillARTE e concienciARTE

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un ano máis creamos a nosa árbore de Nadal en relación co PDI que nos ocupa: Marabillarte.

Demos cor a pequenos obras nas que se reflicten diversos ecosistemas, pois ademais de marabillARTE queremos... concienciARTE!

Este Nadal e todos os días do ano... sexamos parte da solución, non da contaminación. Coida os ecosistemas!

15/12/25

3º_Aniversarios lectores (1º trimestre)


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos os aniversarios lectores que desenvolvemos ao longo do 1º trimestre, dentro do programa Lectura e Familias.

Lecturas e familias diversas, compartindo aniversarios co mellor agasallo: ler coa familia para tod@s!

Continuará...

03/12/25

4º EP_ Páxina do decálogo inclusivo para o Día da Discapacidade

 Ola Baleatos!!

O alumnado de 4º EP creou a súa páxina para o Decálogo Inclusivo do centro. Ademais, fixemos un programa para o podcast "MillaInforma", no que vos ofrecemos información sobre a discapacidade física e intelectual e o trato que merecen que lles deamos á xente que as padece. Se escaneades o código QR da imaxe, podedes escoitalo!

Fumos á aula taller imprimir as palabras da nosa frase "Todos merecemos o mesmo trato" e as pegamos na nosa páxina do decálogo, que mostramos a continuación.


Esperamos que vos guste!

3ºEP_Decálogo inclusivo pola disCAPACIDADE

  

Presentamos a páxina da aula de 3º para o Decálogo inclusivo pola disCAPACIDADE, dentro da proposta de actividades de centro.

Unha páxina que recolle un dos nosos lemas de aula, "Somos UNIC@S", xunto coas palabras de cada plantilla-peixe facilitada pola titora de 4º de infantil.

Despois de ler "Nadarín" de Leo Lionni, pensamos nas nosas capacidades, nas nosas fortalezas para escribir dentro de cada peixe unha soa palabra que nos definira, tal e como podedes ver na seguinte imaxe. Os peixes xa forman parte do mural colectivo creado pola aula de 4º de infantil.

Hoxe, e todos os días do ano, sexamos unic@s, divers@s!

02/12/25

3º_Educación Responsable: literatura, emocións e creatividade

                                         Premer na imaxe para acceder á galería de fotos 

Iniciamos as actividades de Literatura, Emocións e Creatividade, dentro do programa Educación Responsable solicitado pola Dirección do centro no presente curso.

A lectura elexida é O homiño de papel de Fernando Alonso. Un título que nos permite desenvolver as emocións, a creatividade, a imaxinación e diversos valores.

Ao longo do 1º trimestre realizamos a primeira parte, antes da lectura, observando as ilustracións e rexistrando os datos identificativos do libro para aventurarnos a imaxinar o seu contido; así como creamos o noso amigo imaxinario ou AMI con follas de periódico, despois de visionar a película Amigos imaginarios de John Krasinski e que nos recomendou Leo, a nosa serea lectora, mediante a ficha-carta que podedes ver na seguinte imaxe.

Iremos ampliando a presente publicación, segundo implementemos a segunda parte, durante a lectura, e a última parte do programa, despois da lectura.

Continuará...