A aula de 3º deséxavos...
Felices Festas!
Nós esperamos un 2026 con máis momentos de aprendizaxe e diversión compartidos, sempre coas nosas familias e profesorado como faros-guía.
Feliz 2026!
Os/as nenos/as de 3º e 4º de primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
A aula de 3º deséxavos...
Felices Festas!
Nós esperamos un 2026 con máis momentos de aprendizaxe e diversión compartidos, sempre coas nosas familias e profesorado como faros-guía.
Feliz 2026!
Demos cor a pequenos obras nas que se reflicten diversos ecosistemas, pois ademais de marabillARTE queremos... concienciARTE!
Este Nadal e todos os días do ano... sexamos parte da solución, non da contaminación. Coida os ecosistemas!
Presentamos os aniversarios lectores que desenvolvemos ao longo do 1º trimestre, dentro do programa Lectura e Familias.
Lecturas e familias diversas, compartindo aniversarios co mellor agasallo: ler coa familia para tod@s!
Continuará...
Ola Baleatos!!
O alumnado de 4º EP creou a súa páxina para o Decálogo Inclusivo do centro. Ademais, fixemos un programa para o podcast "MillaInforma", no que vos ofrecemos información sobre a discapacidade física e intelectual e o trato que merecen que lles deamos á xente que as padece. Se escaneades o código QR da imaxe, podedes escoitalo!
Fumos á aula taller imprimir as palabras da nosa frase "Todos merecemos o mesmo trato" e as pegamos na nosa páxina do decálogo, que mostramos a continuación.
Esperamos que vos guste!
Presentamos a páxina da aula de 3º para o Decálogo inclusivo pola disCAPACIDADE, dentro da proposta de actividades de centro.
Unha páxina que recolle un dos nosos lemas de aula, "Somos UNIC@S", xunto coas palabras de cada plantilla-peixe facilitada pola titora de 4º de infantil.
Despois de ler "Nadarín" de Leo Lionni, pensamos nas nosas capacidades, nas nosas fortalezas para escribir dentro de cada peixe unha soa palabra que nos definira, tal e como podedes ver na seguinte imaxe. Os peixes xa forman parte do mural colectivo creado pola aula de 4º de infantil.
Hoxe, e todos os días do ano, sexamos unic@s, divers@s!
Iniciamos as actividades de Literatura, Emocións e Creatividade, dentro do programa Educación Responsable solicitado pola Dirección do centro no presente curso.
A lectura elexida é O homiño de papel de Fernando Alonso. Un título que nos permite desenvolver as emocións, a creatividade, a imaxinación e diversos valores.
Ao longo do 1º trimestre realizamos a primeira parte, antes da lectura, observando as ilustracións e rexistrando os datos identificativos do libro para aventurarnos a imaxinar o seu contido; así como creamos o noso amigo imaxinario ou AMI con follas de periódico, despois de visionar a película Amigos imaginarios de John Krasinski e que nos recomendou Leo, a nosa serea lectora, mediante a ficha-carta que podedes ver na seguinte imaxe.
Iremos ampliando a presente publicación, segundo implementemos a segunda parte, durante a lectura, e a última parte do programa, despois da lectura.
Continuará...
Aproveitando que o noso PDI versa sobre as 7 artes e que o RetArte da biblio deste mes é a pintura, o alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria acudiu a unha visita guiada ao Museo de Belas Artes.
Pasamos un rato agradable aprendendo sobre Velázquez, os bodegóns ou Rubens. Recomendadísima! A entrada é de balde para todos e todas, non dubidedes en acudir!
Clica na imaxe para acceder á galería de fotos.
Co gallo das XVI lecturas terroríficas do CEIP Milladoiro, o alumnado de 4º EP elaborou un texto de produción propia titulado "O lobishome sen dentes".
Podedes ver o vídeo da actuación clicando na imaxe!
Pasádeo moi ben por Samaín!!
No día de onte, presentamos, en formato audiovisual, o noso produto final para as XVI Lecturas Terroríficas na biblio.
Reescribimos o conto clásico, Pedro e o lobo, partindo do mesmo título de Iván e Inacio Suárez en banda deseñada ou cómic de Demoeditorial e que forma parte do noso Plan Lector de aula.
Esperamos que vos guste, nós pasámolo de medo!
O alumnado de 4º EP fixo unha reinterpretación da famosa cabaza de Yayoi Kusama. Cortaron tiras de cartolina, as pintaron con puntos de diferentes cores e as pegaron para formar así a súa propia cabaza.
Podes acceder á galería pinchando na imaxe!
Conmemoramos o Samaín seguindo a proposta de actividades en relación ao PDI "Marabillarte", que iniciamos no presente curso: cabazas artísticas.
Creamos... unha cabaza literaria! Despois de darlle cor e pegar en forma de colaxe as follas de revistas e recortes do xornal, deseñamos pequenos libros cos títulos que máis nos gustan.
Feliz Samaín a tod@s!
Iniciamos novo ciclo e novo nivel, xa estamos en 3º de primaria, pero hai sesións que seguen a ser as nosas preferidas: ler, investigar, crear, compartir, xogar... na Biblioteca-Leolab!
Espazos e recursos creativos que nos permiten desenvolver o pensamento empático, crítico e creativo, ao tempo que nos divertimos aprendendo.
Continuará...
O alumnado de 4º e 5º de primaria realizamos unha visita guiada polo Castro de Elviña. As monitoras explicaron todo súper ben, provocando a inquedade de todo o alumnado por saber máis. Recomendamos ir!
Despois, fomos a ter un rato de xogo libre e comer no parque de Eirís.
Que gusto dan estes momentos de convivencia e diversión!
Clica na imaxe para acceder á galería
Para festexar a Semana do Libro, o alumnado de 2ºB e 3º de primaria e 4º de primaria diseñou, con pezas de LEGO, portadas de contos e libros.
Por equipos, seleccionaron o libro e puxéronse mans á obra. Despois, elaboramos unha exposición ao lado da aula de arte, no 2º andar. Unha experiencia moi bonita que, deseguro, repetiremos!
Clica na imaxe para acceder á galería.
O alumnado de 2ºB, 3º e 4º de primaria realizou unha andaina dende o IES Urbano Lugrís ata San Hadrián. O tempo acompañounos e foi un paseo ben agradable! Unha vez alí, comemos a merenda que preparáramos con anterioridade na cociña: brochetas de uva, plátano e amorodos xunto con torradas de queixo fresco e mel. Logo, pasamos un agradable momento de lectura compartida.
O pasamos bomba!
Clica na imaxe para acceder á galería:
A clase de 4ºEP participou na iniciativa "Mujeres por carta". Nela, as alumnas e alumnos teñen que escribir cartas sobre algunha muller importante a outra aula de España. Podedes consultar algunhas das iniciativas que levan a cabo clicando aquí.
Como, para a celebración da "Semana da Muller" organizada polo cole, investigamos sobre Sés, cada equipo da aula redactou unha carta creativa e, entre todas e todos, elaboramos un collage sobre ela. Tamén lles mandamos unha copia do traballo realizado para o mural do cole.
Unha vez redactadas as cartas, as metimos nun sobre e fomos a Correos. Enviamos a carta e esperamos a que chegase a nosa. Viña de Elche, Alicante! Dentro do sobre había moitas cartas que falaban de mulleres nacidas nesa cidade. Tamén nos mandaron unha carta con información sobre Elche e alucinamos co seu incrible Palmeral!
Repetiremos seguro!
Clica na imaxe para acceder á galería:
O pasado venres 21 de febreiro o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de educación primaria desprazouse ao polígono de Bértoa en Carballo onde se celebrou a carreira de cross intercomarcal da zona de Bergantiños.
Esta carreira encádrase dentro do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) na modalidade XOGADE sostida con fondos da XUNTA onde o centro participa por medio deste Plan Proxecta.
A carreira contaba cun total de 978 deportistas repartidos entre as distintas categorías (dende cadete feminino e masculino ata benxamín feminino e masculino).
Dende o CEIP Milladoiro, participamos coas categorías benxamín e alevín de ambos xéneros. O que se busca con esta iniciativa é que os nenos e nenas participen nun evento deportivo e experimenten a competición dende unha perspectiva lúdica, activa e participativa.
A resposta foi moi boa e os nenos e nenas volveron contentos e orgullosos despois de ¨competir¨ contra outros nenos e nenas da comarca. Tratábase de participar con valores, pero tamén con espírito de esforzo e superación, e así foi. Un sobresaínte para todos e todas os que se animaron a correr. Parabéns!!
Destacamos ademáis a clasificación de varios alumnos e alumnas, mellorando a clasificación do ano pasado. En benxamín feminino Alexia quedou de 3ª e Manuela de 7ª o que lles permitiu clasificarse para a final provincial. En benxamín masculino, Anxo acadou o 5º posto. En Alevín feminino Antía quedou de campiona e Clara de 13ª e en alevín masculino, Martín Martelo de subcampión.
Moitas grazas as familias polo apoio e colaboración.
Comparto a clasificación da carreira por categorías da web da Federación Galega de Atletismo:
O pasado luns fomos de excursión a MeteoGalicia. Alí, explicáronnos que é a contaminación do aire, como afecta a nosa saúde ou que empregan para medila.
Logo acudimos á estación meteorolóxica a observar os aparellos cos que miden a os valores de contaminación.
Gracias, MeteoGalicia!
Clica na imaxe para acceder á galería.