Ao longo do mes de marzo, e como proposta do Laboratorio de Son, vimos traballando os oficios tradicionais da nosa contorna desenvoltos por mulleres que nos rodean, e que contribúen non só a visibilizar ditos oficios, senón a mantelos vivos, reinventándose e adaptándose aos novos tempos.
Na nosa aula, decidimos centrarnos no oficio da olería, concretamente na olería de Buño, contando para iso coa axuda de Lidia Trigo, mamá do noso compañeiro Siro e a responsable do taller "Cerámicas Creare". Tras unha pequena investigación sobre o papel da muller na olería (no cal descubrimos que era ela a quen se encargaba dos traballos máis duros, como "pisar" o barro co pisón, carrexalo -as "carrexadoras", ou encargarse do fume nas primeiras horas das fornadas -as "fumeiras") elaboramos as preguntas para Lidia. Tíñamos tantas, que despois de entrevistala en Radio Balea ainda lle pedimos que quedase un pouquiño máis con nós para seguir conversando. E ten toda a pinta de que na clase de 3º haberá futuras e futuros oleiros!
Aquí vos deixamos a entrevista completa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario