15/06/24

PVAD Camiño dos Faros (4º e 5º EP)

O pasado mércores 12 de xuño, o alumnado de 4º e 5º de educación primaria realizou un tramo do Camiño dos Faros gracias a colaboración da Asociación Salitre.

Este ano Ramón, José Manuel, Andrea e Cecilia foron os voluntarios, guías e acompañantes nesta actividade tan completa e deportiva. A ruta comezou no IES Urbano Lugrís e continuou ata o cumio da Monte Beo onde puidemos disfrutar dunhas espectaculares e fermosas vistas, logo descendemos polas antenas ata San Adrián onde merendamos e fixemos xogos ao aire libre para voltar finalmente camiñando de volta ao instituto. Agradecemos enormemente a colaboración tamén de Iván (protección civil) e Rubén (policía local) nunha xornada activa e deportiva. A ruta total foi de aproximadamente 7 kilómetros. Grazas a todos e todas.



Acceso á galería de imaxes picando na seguinte👇

05/06/24

XORNADA DE SURF EN AREA MAIOR (PVAD)

 O pasado martes 4 de xuño, o alumnado de 2º ciclo baixou á praia de Area Maior a participar na xornada de surf organizada pola academia ONE SURF academy de Malpica de Bergantiños. Os monitores foron Roi e Hugo na auga e na concienciación mediambiental e traballo na area o responsable foi Toni, o director da academia. Un ano máis temos que darlle as grazas e os parabéns a Toni, Hugo e Roi por permitirnos desfrutar desta xornada deportiva, especial e xa tradicional, xa que é a cuarta ocasión que se leva a cabo. 

                                             acceso á galería de imaxes picando na seguinte👇