Iniciamos as actividades de Literatura, Emocións e Creatividade, dentro do programa Educación Responsable solicitado pola Dirección do centro no presente curso.
A lectura elexida é O homiño de papel de Fernando Alonso. Un título que nos permite desenvolver as emocións, a creatividade, a imaxinación e diversos valores.
Ao longo do 1º trimestre realizamos a primeira parte, antes da lectura, observando as ilustracións e rexistrando os datos identificativos do libro para aventurarnos a imaxinar o seu contido; así como creamos o noso amigo imaxinario ou AMI con follas de periódico, despois de visionar a película Amigos imaginarios de John Krasinski e que nos recomendou Leo, a nosa serea lectora, mediante a ficha-carta que podedes ver na seguinte imaxe.
Iremos ampliando a presente publicación, segundo implementemos a segunda parte, durante a lectura, e a última parte do programa, despois da lectura.
Continuará...


Ningún comentario:
Publicar un comentario