25/04/24

4ºEP_ Merendas saudables?


 Ola BALEATOS!

Durante o segundo trimestre, os nenos e nenas de 4ºEP estivemos investigando sobre a cantidade de azucre que contiñan as nosas merendas. Para iso, fixemos unha investigación enorme, que vos resumimos a continuación.

Nun primeiro momento, fomos recolectando os envases das merendas que traíamos á aula (lavándoos previamente). Cando vimos que tiñamos un número importante de envases, clasificámolos segundo tiveran ou non etiqueta, para facer unha busca dos segundos en internet.

Unha vez obtidas todas as etiquetas, aprendemos a distinguir nelas os seus ingredientes (e que a cantidade de cada un está relacionada coa súa posición na lista) e o valor nutricional do alimento (distinguindo os azucres por cada 100g e por ración).

Así, repartimos todas as etiquetas entre os 4 equipos cooperativos da aula. Na ficha de traballo fomos anotando a cantidade de azucre por porción (total da merenda) e por 100g. Unha vez completada a ficha, comprobamos que alimentos eran, supostamente, os máis e menos saudables. 

Despois de corrixir algún que outro erro, tiñamos unha lista de merendas bastante ampla. Descartamos merendas repetidas, como iogures ou tortiñas de millo, quedándonos cun total de 11 envases. 

Para rematar, fomos á cociña para preparar o mural. Coa báscula, fomos medindo o azucre e meténdoo en diferentes bolsiñas. Pegamos todos os envases e, ao seu lado, a bolsiña co azucre correspondente. Logo, anotamos a porcentaxe de azucre debaixo.


Tan só nos quedaba explicar todo o realizado, que non foi pouco! Como expertos, non dubidamos en facelo de tres xeitos diferentes:

  • Creamos unha nova entrada no noso caderno de investigación persoal. 


  • Gravamos un podcast, que incluímos no mural mediante o código QR. O podes escoitar clicando

  • Fixemos mini Educa-Tribos nos que, durante a Hora de Ler, cada equipo cooperativo explicou a outro alumnado do centro o que realizaron, investigaron e aprenderon durante a realización do proxecto. 

Clica aquí para acceder á galería de imaxes do proxecto.

Esperamos que vos guste!


Día do libro_ Picnic saudable

 Ola Baleatos!

Para festexar o Día do Libro, o 2º ciclo de Educación Primaria foi de excursión ao porto de Malpica.

Alí non só desfrutamos dunha agradable lectura, senón tamén dunha merenda saudable conxunta.

Para iso, tivemos que facer unha votación de merendas saudables, resultando como gañadora a torrada con tomate triturado e xamón serrano. Ese mesmo día 23, fomos á cociña a triturar o tomate para poder desfrutar da merenda. 

Unha experiencia preciosa! 

Clica aquí para acceder á galería!


20/04/24

CROS (FINAL PROVINCIAL) Martín Martelo (3º E.P.) e Antía Castro (4º de Educación Primaria)

 O pasado venres 12 de abril, duas alumnas do centro (Alexia de 2º de E.P. máis Antía de 4º de E.P.) e Martín Martelo de 3º de Educación Primaria, foron a Porto do Son á final provincial de Cros. 

As dúas, xunto a Martín foron as únicas clasificadas do centro na carreira comarcal que le levou a cabo en Carballo (Carreira comarcal de Cros en Carballo).
Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta  "Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA), no cal o noso centro participa por primeira vez dende o programa XOGADE, impulsado pola Xunta de Galicia.

Martín Martelo resultou gañador da carreira na categoría benxamín masculino. Moi bo traballo Martín, e parabéns pola túa segunda victoria nestas carreiras!!

Dende aquí o noso recoñecemento as tres deportistas polo seu bo facer!!!



 Acceso ao album fotográfico facendo clic na seguinte:


Os tres cracks facendo un percorrido de recoñecemento do circuito:
  
                                       https://canalbarbanza.com/archivos/101441