25/01/24

4º EP_ Visita a SOGAMA con 5º e 6º EP


Ola Baleatos!

Este martes, 23 de xaneiro, fomos de visita a SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), xunto a 5º e 6º de primaria.



Como ben sabedes todas e todos, o grupo de 4º EP somos os Policías do Lixo e encargámonos de coidar que as aulas do cole estean limpas de residuos. Ademais, revisamos que estean ben reciclados. 

Aínda que investigamos un montón sobre a contaminación e a necesidade de reciclar no cole, había cousas das que estabamos equivocados e que explicaremos ao resto das aulas durante unha Hora de Ler. Algunhas delas serán as seguintes:

- Os residuos que tirabamos en plásticos, a partires de 3º de Educación Primaria, dividiranse en dúas papeleiras: a de envases e a de fracción resto. 

- Os envases dos medicamentos, acabados ou caducados, deben levarse ao punto limpo da farmacia.

- As pilas son moi contaminantes. Non se tiran na papeleira, senón que se levan a un punto limpo.

- Hai moitos puntos limpos repartidos polas rúas dos Concellos: de roupa, de pilas ou de aceite, por exemplo. 

Ademais, tivemos a oportunidade de ver as máquinas do complexo e como funcionaban cunhas gafas de Realidade Aumentada (RA) e xogar a un videoxogo para saber se estivemos atentas e atentos á explicación que nos deran as monitoras. Todo un éxito!

Por último, percorremos as instalacións no autobús, onde fomos pasando por todas as partes do complexo. O que máis nos sorprendeu foron a cantidade de lixo almacenado para separar, o tamaño dos cubos de lixo preparado para enviar a reciclar ou as cinzas do material co que producen enerxía eléctrica e que almacenan nunha fosa na que van facendo capas. 

Agora si que podemos dicir que case somos expertos na reciclaxe... Axudádesnos a proseguir o camiño?


Clica aquí para acceder á galería de imaxes.