3ºT._2019/20

Corentena/confinamento

3º trimestre do curso 2019/20

Especialidades 3º e 4º E.P.

Educación Física

10ª E DERRADEIRA SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:

Moi boas alumnado e familias:

Esta é a última entrada no blogue deste curso e quería aproveitala para homenaxear dalgunha maneira ao alumnado e agradecer a súa disposición.

Esta situación que impediu a asistencia ao centro durante tanto tempo seguido, supuxo unha adaptación sen precedentes na maneira de continuar o curso escolar. Atopámonos con obstáculos e imprevistos derivados da imprevisibilidade desta situación excepcional, pero os nenos e nenas sobrepuxéronse a iso e mostraron unha actitude e un compromiso que cómpre recoñecer e valorar, houbo momentos compricados, pero seguiron traballando e mostando a súa creatividade e gañas de seguir aprendendo, por todo isto, GRAZAS polo voso traballo e GRAZAS polo voso empeño. Agora PASÁDEO BEN neste verán que o tedes máis que merecido. (Con coidado e precaucion ;-D). 


Aos nenos e nenas de 6º moita sorte no instituto o vendeiro curso, cando queirades facer unha visita, xa sabedes onde estamos, e aos demáis, vémonos á volta.

Todos e todas sodes merecedores dunha medalla de campións, dende aquí o meu recoñecemento.

Anímovos a facer un comentario neste blogue (abaixo de todo) se vos queredes despedir ou contar calquer cousa, senón podedes facelo a través do correo electrónico utilizado para mandar as tarefas:

alumnadomilladoiro@gmail.com

Un saúdo grande e un choque de cóbados :-D


Ata a próxima!!
ACTIVIDADE FÍSICA NO MEDIO NATURAL:

Moi boas alumnado e familias:

No curriculum de Educación Primaria, recóllese o currículo específico de Educación Física. 
Como xa dixen en anteriores ocasións, os contidos están organizados en 6 grandes bloques. No bloque de contidos número 6 os xogos e actividades deportivas, faise referencia a ¨ Práctica e gozo de actividades motrices lúdicas relacionadas coa natureza (xogos de campo, de exploración, de aventura, marcha, escalada...) e ¨Coñecemento e coidado da contorno natural¨


Xeralmente, no terceiro trimestre, realízanse xogos ao aire libre, normalmente relacionados con xogos populares ou xogos alternativos.
Como a situación actual relativa á crise sanitaria, permíte saír xa a rúa e visitar zonas naturais coma a praia, o campo ou calquer zona exterior, se o tempo acompaña, non hai mellor maneira de combatir os efectos do confinamento que facer exercicio ou actividade física no medio natural, por isto propoño a seguinte tarefa que probablemente sexa senón a última, unha das últimas.

                            https://www.runnersblueprint.com/

TAREFA

Desta vez, propoño que o alumnado realice algunha tarefa no medio natural e que aplique algún dos contidos repasados neste confinamento ou algún contido traballado no curso.

Algunha idea, podería ser:
-       Baile
-       Ioga
-       Equilibrio
-       Lanzamentos
-       Circuitos
-       Xogos tradicionais
-       Malabares
-       Saltos
-       Desprazamentos
-      Etc.
A tarefa consiste en levar a cabo algunha actividade das citadas (podendo ser algunha máis que esté relacionada con algún deporte ou actividade física) no medio natural. Podedes enviarme unha imaxe ou pequeno vídeo que non exceda dos 25/30 segundos, (canto máis resumido mellor por mor da cantidade de vídeos que me poden chegar)citando o contido que ides a desenvolver.

Por exemplo: Vou traballar o equilibrio e unha imaxe ou vídeo dunha actividade na que se vexa como o traballa.

                                              https://eresmama.com/

Este documento o podedes enviar a:

Asunto: Para Óscar
Non esquezades poñer nome e curso
Data límite de entrega da tarefa:  sábado 6 de xuño

Veña, a demostrar o que sabedes!!

Un saúdo!!


Comparto dous bos exemplos de Daniela, alumna de 4º:





ACTIVIDADE FÍSICA NO CONFINAMENTO
ALGÚNS VÍDEOS QUE FORON CHEGANDO

Aquí podemos ver a Lucía poñendo en práctica as asanas de ioga, moi ben Lucía!!


O primeiro vídeo é de Daniela e pódese ver un circuito moi completo, orixinal e ben pensado no que se traballan moitos contidos da Educación Física : forza, desprazamento, equilibrio, saltos, coordinación...así é imposible perder a forma Daniela!! parabens e grazas polo vídeo!!


Neste vídeo moi ben montado, pódese ver a Lucía preparando o xoguete do vaso para traballar a lateralidade, con música e todo:-D  Moitas grazas Lucía e familia, quedou chulísimo!!





Animádevos a comentar neste blogue de Educación Física abaixo da publicación en COMENTARIOS. Faríame moita ilusión.

Estimadas familias e alumnos e alumnas de Malpica.

Dende a área de Educación Física quero propoñer unha serie de exercicios ou actividades cas cales pretendo facer máis ameno para os nenos e nenas este complexo momento que estamos a atravesar.

Son tarefas encamiñadas e dirixidas a fomentar o movemento e a traballar contidos específicos desta área, tendo en conta as limitacións de espazos e medios que podemos ter cada un.

* Estas tarefas están orientadas para que cada un poda adaptalas a súa realidade. Subirei propostas os martes e xoves que equivalen as dúas sesións semanais. O interesantes e que todos os días haxa activación, ben sexa facendo saltos a pata coxa, saltos cas dúas pernas xuntas, sentadillas e combinacións de sentarse/levantarse, acostarse/levantarse... podedes tomar coma referencia os propostos nos primeiros días (o final desta publicación)...

* As actividades plásticas son suxerencias, se pasades por momentos de estrés ou que non tedes o suficiente tempo porque se amorean as tarefas, primade as indicacións dos titores ou titoras, pero recordade, un pouquiño de saltos, de agocharse e levantarse,  mover os brazos.... en definitiva, de , movemento, para favorecer a maduración e consolidación do seu corpo que está en crecemento.

* Todos os días na TVE2 , tedes o programa ¨Múevete en casa¨  as 9:00 h horas, está enfocado para os maiores pero pode ser un bo momento para compartir exercicio cos pequenos e pequenas e empezar o día activos.

Os mércores en Clan Tv tedes tamén propostas relacionadas con Educación Física:

horario clases 'Aprendemos en casa'

Dende aquí o meu apoio e ánimo, cada día que pasa é unha pequena victoria.

Non esquezades :   #EUQUEDONACASA

Un agarimoso saúdo.

Óscar.



7ª SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:

Moi boas nenos, nenas e familia,
moitas grazas polo vídeos, imaxes e correos electrónicos que están a chegar.

Esta semana propoño realizar o exercicio físico dende outra perspectiva: O baile.

expresión corporal é un contido que está relacionado directamente coa Educación Física, concretamente, co bloque de contidos número 4. Actividades Fisico-artísticas expresivas.

Podemos facer varios xogos poñéndolles música que lle gusten, por exemplo:

1- AS ESTATUAS: Poñer a música e bailar, cada vez que lle damos a pausa, o neno ou nena terá que pararse de repente e quedarse inmóvil, retomando o baile unha vez empece a música.

Variante: O mesmo pero cada vez que pare a música, en vez de pararse, terá que tumbarse, sentarse ou permanecer en equilibrio.

2- MÓVETE UN POUQUIÑO: Bailar so coa parte do corpo que lle indiquemos, así traballaremos a interiorizacións dos segmentos e distintas partes corporais:

Exemplo: Bailamos só cas mans, ca cabeza, cun dedo, cas pernas, movendo a cintura.... este sóelles gustar moito.

3- BAILE LIBRE: Por último, combinar unha música máis intensa para que eles de movan con liberdade, finalizando con música tranquila para facer unha volta a calma.

Comparto un traballo que propón unha colega, espero que vos guste, e xa sabedes, esta semana toca bailar!!!

- Facer click na imaxe-

https://www.youtube.com/watch?v=-VDXMsJ9YVc

                                                                                     




6ª SEMANA 3º TRIMESTRE

EDUCACIÓN FÍSICA. OS XOGOS TRADICIONAIS

www.freepik.es

Moi boas a todos e todas, que tal estades?

Desta vez, propoño elaborar un pequeno traballo relacionado cos xogos tradicionais.

Como ben sabedes, neste curso introducimos unha serie de xogos tradicionais (o pano, os trompos, a comba, a corda, a goma…) para poder xogar nos recreos, pero creo que é interesante coñecer un pouco máis sobre eles.
Os xogos tradicionais son aqueles xogos aos que xogaban os nosos antepasados e que se foron transmitindo de xeración en xeración, é decir, transmítense de forma oral a través das familias.

     www.saltosconcomba.blogspot.com

As consolas, os ordenadores, os móviles, as tablets… son formas de xogo modernas., de feito, cando os nosos avós e avoas eran pequenos, non existían. De iso non fai tanto tempo… Sabedes coma se divertían cando eran nenos e nenas como vos? Pois a maior parte o facían a través dos xogos tradicionais.

Para coñecer un pouco máis sobre isto, cómpre que fagades un traballo de investigación e lles preguntades aos vosos familiares máis maiores , senón valen os vosos país ou nais, a ver como facían eles para divertirse, a que xogos xogaban ou cales eran os seus favoritos.

Para isto, podedes seguir as seguintes preguntas:

A que xogábades de pequenos?
Donde xogábades e con quen?
Cal era o voso xogo favorito?

Cando coñezades o xogo favorito, elaborade unha ficha sobre él nun folio seguindo os seguintes datos:

Nome do xogo:
Material que se precisa para xogar:
Número de xogadores:
Descripción do xogo:
Debuxo do xogo:

Unha vez feita a ficha a enviades a seguinte dirección:



alumnadomilladoiro@gmail.com 


asunto: Para ÓSCAR


Grazas!

Un saúdo!!


5º SEMANA DO 3º TRIMESTRE:


Ola a todos e a todas, que tal vai iso? espero que sigades ben, polo que vexo nas imaxes do blogue estades a traballar moito e moi ben. 

Para finalizar o traballo que iniciamos sobre o ioga, comparto unha imaxe de distintas asanas ou posturas que podedes levar a cabo.

Intentade facer duas cada día, manténdoas facendo cinco respiracións profundas pola nariz, expulsando o aire lentamente pola boca, a ver que tal se vos da, e se vos animades, enviade unha imaxe a vosa titora dalgunha que vos guste e poder compartila no blogue.





4ª SEMANA DO 3º TRIMESTRE:

Moi boas familias e alumnado!!
Como van esas saídas? espero que as estedes aproveitando para exercitarvos un pouco. É o mellor momento para correr un pouco, saltar, xogar, andar na bicleta ou patinete ou darlle unhas patadas á pelota. O ideal é ir variando un pouco os xoguetes que utilicedes para así aumentar as habilidades que necesitedes para manipulalo ou para xogar con él.
Acordádevos de gardar todas as recomendacións e aproveitar un  pouco o sol que se poida, para nutrirnos da vitamina D, moi vencellada ao crecemento.

Esta semana propoño darlle un puntiño máis á iniciación ao ioga visualizando un vídeo moi interesante no que se traballo o ioga a través dun conto.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

https://www.youtube.com/watch?v=jJuxRbiRDVs

                                                             imaxe:www.cronobioyoga.com

Animádevos a mandar algunha imaxe as vosas titoras cunha postura de ioga das que vimos nestas dúas publicacións para aumentar as fotos neste blogue e se animen máis compañeiros e compañeiras.

Moito ánimo e un saúdo!



AMPLIACIÓN 3ª SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:



Moi boas nenos, nenas e familias. Como van esas primeiras saídas? espero que as estedes disfrutando e aproveitándoas para facer un pouquiño de exercicio.
Propoño, como actividade, unha iniciación ao ioga. Seguro que moitos xa coñecedes esta disciplina aínda que só sexa por oidas. Quero deixar claro que é unha maneira de traballar aspectos recollidos no curriculum relacionados co esquema corporal (actitude postural,respiración e relaxación).
Paréceme un método ideal para desenvolver estos contidos. A continuación fago unha pequena reflexión sobre amiña visión con esta proposta: 

Na actualidade, o movemento ten unha compoñente máis amplia que o feito relacionado ca corporalidade, está demostrado que no movemento hai unha unión entre o corpo e a mente. Hai estudos científicos que abalan que a actividade física incide directamente sobre á aprendizaxe de maneira positiva. Esta concepción sobre a unión corpo-mente queda constatada de maneira explícita no curriculum oficial de Educación Infantil , que nomea a disciplina específica relacionada co movemento coma PSICOMOTRICIDADE.

Considero que o ioga conxuga a interrelación entre corpo e mente, desenvolvendo o coñecemento do propio corpo a través da súa percepción.

Propoño como iniciación unha tarefa moi sinxela.

- A primeiro actividade é tumbarse sobre unha superficie cómoda, coma por exemplo, unha alfombra. Poñer as mans xusto debaixo das costelas, e inspirar o aire hacia o estómago e notar como sube e inspirar o asire lentamente notando como baixa durante 4 minutos.

- O segundo exercicio consiste en manter 5 respiracións profundas pola nariz e espirando o aire lentamente pola boca mentras se fan as seguintes posturas:




imaxe: https://es.images.search.yahoo.com/search/images;_ylt=AwrJ3s.dH6teXMoAiCSV.Qt.;_ylu=X3oDMTBsZ29xY3ZzBHNlYwNzZWFyY2gEc2xrA2J1dHRvbg--;_ylc=X1MDMjExNDcxNDAwNQRfcgMyBGFjdG4DY2xrBGNzcmNwdmlkA2k1V3IuVEV3TGpLeDB1QUdYVlBDaHdES056a3VNUUFBQUFDaks3dXQEZnIDbWNhZmVlBGZyMgNzYS1ncARncHJpZAM1TnFUeXJuZ1RaU05aRzIxeEI5NmZBBG5fc3VnZwMxBG9yaWdpbgNlcy5pbWFnZXMuc2VhcmNoLnlhaG9vLmNvbQRwb3MDMARwcXN0cgMEcHFzdHJsAwRxc3RybAMyNQRxdWVyeQNwb3N0dXJhcyUyMGJhc2ljYXMlMjB5b2dhBHRfc3RtcAMxNTg4MjczMTIw?p=posturas+basicas+yoga&fr=mcafee&fr2=sb-top-es.images.search&ei=UTF-8&n=60&x=wrt#id=62&iurl=https%3A%2F%2Fi.pinimg.com%2Foriginals%2F18%2Fdd%2Fc3%2F18ddc3f65ef382ee3eb4a86527bd6fbe.jpg&action=click


Se vos animade comentade no blogue as sensación ou mandade unha imaxe a vosa titora sobre algunha destas posturas.


Espero que vos guste, un saúdo!!


PROPOSTA DE ACTIVIDADE FÍSICA DENTRO DE CASA: 


O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 
A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.
Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.
Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo. 



NOVIDADES NO ESTADO DE ALARMA RELACIONADAS COS MENORES DE 14 ANOS.

Comparto dúas ligazóns de interese:

GUÍA DE LAS BUENAS PRÁCTICAS EN LAS SALIDAS DE LA POBLACIÓN INFANTIL DURANTE EL CONFINAMIENTO. Ministerio de Sanidad:


Comparto unha ligazón do COLEF ¨Consejo general de la Efucación Física y deportiva¨ relativo ao aproveitamento desta hora de saída relacionandoa coa actividade física:


RECOMENDACIÓNS:

- A familia debe determinar os hábitos: Hai que explicarlles moi ben en qué consiste a medida, por qué deben cumprir as normas, o relativo ao tempo, aos xoguetes, as distancias sociais, a hixiene... o ideal sería levar unha alarma que nos avisase ao acabarse a hora, a solidaridade e o cumprimento das normas é importante, deben entendelo coma un premio polo seu bo comportamento no confinamento.

Activación gradual e progresiva. Hai que entender que os nenos e e nenas veñen de atravesar unha etapa de pouca estimulación física, especialmente relativa ao sistema respiratorio e circulatorio, por isto o ideal é que os primeiros días dean paseos nos que podemos variar a velocidade, utilización de monopatíns ou bicicletas, relacionadas con actividades aeróbicas que non lles activen excesivamente, para que en días posteriores poidan xa facer outro tipo de actividades de outra intensidade coma saltos ou carreiras.

- Aproveitamento de momentos nos que poidan estar en contacto co sol (con gorra e crema solar) e a poder ser en contacto coa natureza, estamos na primavera e os paseos por estes entornos son ben recibidos polos nenos e nenas, sobre todo aqueles que estiveron confinados en pisos (ollo alérxicos)

- Utilización e variación dos xoguetes, que non saquen sempre o mesmo, o ideal e que cada certo tempo varíen para enriquecer o movemento e as habilidades, nos primeiros días podemos primar os que máis lles motiven.

- Na actividade física, hay tres momentos claves:

-  ACTIVACIÓN ou quencemento.
-  fase PRINCIPAL
-  RELAXACIÓN ou volta a calma.

Esta horiña que teñen para eles, o ideal e que respeten un pouco estos tempos, que vaian de menos a máis, e a relaxación a fagan na casa, aproveitando reforzar os hábitos hixiénicos, supervisando os mesmos. Ollo co suor e co frío. Establecer un pequeno protocolo para a desinfección dos xoguetes, especialmente os que están máis en contacto co chan coma os balóns. Ollo coa utilización de instalacións públicas coma bancos, tocar barandillas, papeleras...

A utilización responsable desta medida, dará pé a que poidan haber maís novedades das que podamos aproveitarnos todos, sexamos escrupulosos no seu cumprimento.


Un saúdo e a disfrutar desta horiña que teñen ben merecida.


* Posibles novidades no confinamento nos menores de 14 anos:

     A partires do domingo e a espera da publicación oficial, os nenos e nenas menores de 14 anos poderán saír acompañados dun adulto. É mellor esperar a que saian publicadas estas novas no BOE e despois leelas con atención, por iso esperarei a que isto ocurra para analizalas. Se finalmente se concreta esta noticia, traerá unha nova realidade no enfoque do exercicio e da Educación Física e as propostas serán máis dinámicas e máis próximas a normalidade cotiá.

Nesta nova publicación, simplemente quero recalcar algúns consellos e indicacións que fun dando neste período de cuarentena, que precidamente hoxe fai honra do seu nome : 40 días.

ALIMENTACIÓN:

Na medida do posible, facer unha alimentación equilibrada, facendo cinco comidas ao día (Almorzo, pequena merenda, xantar, merenda e cea) Comer mínimo unha peza de froita diaria e animalos e concienzalos a comer verdura e legumes.
Educación en alimentación saúdabel controlando as inxestas de chucherías, bollería industrial, doces etc. e a importancia de limpar os dentes despois das principais comidas. Ollo coas ceas copiosas, xa que se convirten en calorías que quedan almacenadas e non se queiman.

HIXIENE:

Como ben sabedes, na área de Educación Física é obrigatorio o uso do neceser. Neste neceser habería que levar unha botella de uso individual, un xabrón, unha camiseta e unha toalla de uso individual. Nesta ocasión queda máis ainda de relieve o uso PERSONAL  e INTRANSERIBEL  deste material de aseo, é moi importante recalcarlles isto. Tamén moi importante o hábito de lavar as mans e como toser así como aprender a calcular a distancia social.

AUTONOMÍA:

Dende esta área, preténdese que os nenos e nenas adquiran a autonomía en canto a hixiene post exercicio. Saber cambiarse sós a camiseta, atarse os cordóns ou se é o caso, cambiar os calcetíns de maneira autónoma.

OCUPACIÓN POSITIVA DO TEMPO DE LECER:

Un dos principais obxectivos da Educación Física, é a loita contra o sedentarismo, por isto, é moi recomandábel que ese tempo de lecer que teñen, teña dalgunha maneira relación co deporte, exercicio ou áreas de interese constructivo, no cal, se relacionan con outros nenos e nenas, implementan a súa educación e aprender valores. O abuso das novas tecnoloxías ( móvil, tablets, videoconsolas, ordenadores...) están relacionados co sedentarismo, en moitos casos co individualismo, e tamén ca obesidade.

RUTINAS:

Para que a volta a esa ¨nova realidade¨sexa o máis levadeira posible, é moi importante que continúen tendo unha rutinas mínimas relacionadas ca hora de levantarse, ca hora de irse para cama, de facer algo de exercicio,o tempo para as tarefas escolares,ter uns horarios de comidas... unha rutina que lles axude a manter a estabilidade. 

Animo a elaborar un xogo da oca como os que podedes ver un pouquiño máis abaixo, é unha maneira ideal de combinar a diversión e o movemento. 
Espero que a semana que ven, poida dar unhas novas indicacións para aproveitar ese tempo no que os nenos e nenas poidan saír da casa, se así se confirma.


Pouco a pouco as cousas van mellorando, moito ánimo e parabens polo voso esforzo.

2º SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:
Moi boas nenos, nenas e familias de Malpica!!
En primeiro lugar quería agradecer a todas as familias que estades compartindo comentarios e fotografías ou vídeos, xa que as titoras estánme a pasar moito material e a verdade é que é unha alegría ver coma se divirten os nenos e nenas e os materiais que están creando.

Para comezar, quería facer un recordatoria para mañán mércores:

De luns a venres ( de 9:00 a 14:00), en Clan TV  hai unha programación dirixida aos nenos e nenas de 6 a 8 anos, 8- 10 anos, 10-12 anos. Comparto toda a táboa, pero recalco que o MÉRCORES , é o día que dedican para a área de Educación Física e Educación Artística.

horario clases 'Aprendemos en casa'

Xa sabedes, en función da idade podedes sacar ideas  moi interesantes.


A mestra Ana do Departamento de Orientación en colaboración con Jessica a mestra de 4º recomendou unha actividade que está a ter moito éxito entre os nenos e nenas do segundo ciclo e que me parece moi moi interesante, xa que combina o xogo da oca co exercicio, tendo coma resultado un xogo dinámico, lúdico e no que entra o movemento.

Estiven buscando información e ideas semellantes a esta actividade e apareceron varias, vou a expoñer as propostas que atopei, para que poidades ter máis opcións e poder adaptar o xogo.

Para xogar a oca, precisaremos dados, por si non os tedes, achego o molde dun:

O tableiro sería este, é unha proposta que xurde duns compañeiros de Ferrol.


Outro tableiro máis completo sería o seguinte:


Aquí teríamos outro inspirado en serpes e escaleiras, o seu autor é Álvaro Martí Ibañez.

Imagen

Como podedes ver, hai varias ideas. O bonito sería que fixérades sacando ideas destas propostas a vosa propia oca, aínda que non tivérades con quen xogar, poderíades xogar sós intentando chegar á linea de meta facendo as probas.

Un saúdo e recordade, olliño cas consolas, con estar moito tempo seguido sentados diante da televisión e cos doces.



Moito ánimo.

AMPLIACIÓN 1ª SEMANA DO TERCEIRO                                TRIMESTRE:
Proposta de traballo: Elaboración de dous xoguetes con material de refugallo para traballar os lanzamentos e a forza:
Moi boas nenos, nenas e familias, comparto un vídeo no que explico como elaborar cunha botella grande de auga e unha caixa de cartón dous xoguetes para practicar os lanzamentos en combinación con exercicos de forza.
No xogo da botella: 
- Sentadilla+ salto+ lanzamento. 10 veces
No xogo da caixa: 
- Túmbome, lanzo e vou rápido a pol pelota de papel albal.
10 veces. (É unha adaptación das flexións dándolle un tono lúdico)
A máis velocidade, máis complexidade. Pódense variar as distancias.

Animádevos a crear os voso pequeno ximnasio na casa!!!




Escribo os pasos por se hai dificultades co vídeo:

* XOGO CON BOTELLA DE AUGA GRANDE ( + de 3 litros)

- Material: Botella de auga grande, tesoiras, cartulina, folio, rotulador, papel albal e un obxecto punzante.
O resultado final sería este:
O ideal e colocalo sobre unha mesa ou superficie elevada para que o lanzamento se fixese o máis frontal posible.
(SENTADILLA + SALTO+ LANZAMENTO) 10 veces.

* XOGO CON CAIXA DE CARTÓN EN FORMA DE COELLO.

- Material: Caixa de cartón, cartulina, folio, rotulador e cinta adhesiva.
O resultado final sería este:

* Animo a que cada neno ou nena faga a súa caixa co seu animal favorito, seguro que se saen cousas moi chulas.
Este o colocaríamos a ras do chan, habería que lanzar tumbados e levantarse rápido despois de lanzar (estilo flexión)
(TUMBADO+ LANZAMENTO+ LEVANTARSE RÁPIDO)
10 veces.

* RECORDATORIO PARA MAIORES, 5º E 6º

EXERCICIO NA TELEVISIÓN:

Por se non o sabíades, hai unha canle que fai un programa de televisión para movernos pola mañá:

Canle: TVE 2.

Programa: Muévete en casa.

Hora: 9:00

Paréceme unha idea interesante, xa que as propostas que se fan dende o blogue quedan supeditadas á realidade de cada un. Hai xente que ten terreo e non ten problema para que os nenos e nenas xoguen, pero haberá tamén nenos e nenas que vivan en pisos, que serán de maior ou menor superficie, e que contarán con máis espazo, material etc. polo tanto, o que quero é ofrecer variabilidade de propostas, xogos para que os poidades adaptar a vosa realidade.




2.- Construímos un xoguete para traballar a lateralidade.











TERCEIRO TRIMESTRE:

Moi boas querido alumnado,
en primeiro lugar quería decirvos que espero que estedes ben vos e as vosas familias. 
Como ben sabedes, hoxe comeza o terceiro trimestre, un trimestre diferente, pero que temos que poñer en marcha a pesar das dificultades.
As miñas propostas van dirixidas a aportar recursos e ideas para levar este confinamento da mellor maneira posible facendo un pouquiño de exercicio.
Seguirei un pouco a mesma línea que viña traendo, farei propostas de sesións, recomendacións relacionadas coa saúde, propostas de xogos e recursos.
A área de Educación Física, polas súas características, ten se cabe maiores obstáculos nesta situación, porque os espazos e os materiais que ten cada neno ou nena son distintos. 
Hai nenos ou nenas que viven en pisos con máis ou menos espazo, hainos que viven en casas con terreo, hainos que non teñen irmáns e outros que sí os teñen... moitos condicionantes que fan complexo elaborar unha resposta común e adecuada as distintas realidades, por iso adoptei esta estratexia de facilitar recursos, ideas e propostas.

Comezo pois, comunicando que na televisión hai unha programación dirixida aos nenos e nenas de distintas edades.

De luns a venres ( de 9:00 a 14:00), en Clan TV  hai unha programación dirixida aos nenos e nenas de 6 a 8 anos, 8- 10 anos, 10-12 anos. Comparto toda a táboa, pero recalco que o MÉRCORES , é o día que dedican para a área de Educación Física e Educación Artística.
horario clases 'Aprendemos en casa'

Penso que é interesante polo menos, coñecer este recurso. Xa sabedes, o mércores en función das idades a partir das 9:00 horas.

XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO.

Comparto un vídeo no que propoño facer un xoguete cun vaso de iogurt, unha corda, lana ou cordel e papel albal. É moi sinxelo, e serviranos para practicar a coordinación óculo-man e afianzar a lateralidade, aparece tamén o meu gato que ten afán de protagonismo jejejeje

Animádevos. Un saúdo e moito ánimo.







II AMPLIACIÓN 3ª SEMANA EDUCACIÓN FÍSICA:

Moi boas nenos e nenas de Malpica!! 
estou esperando a ver se alguén se anima a publicar un comentario unha foto a contar que tal vai... que non vos de vergoña, se non que vos axuden na casa. Mandádeme unha mensaxe ou compartir que tal estades nos comentarios para saber de vos.

Hoxe propoño iniciarnos nos malabares. Se alguén se anima a facer un comentario, eu me comprometo a subir un vídeo facendo malabares XD
De entrada vou a compartir uns vídeos nos que se explica como se poden fabricar pelotas de malabares e a continuación, uns exercicios básicos de iniciación. 

Os malabares permítennos  desenvolver as habilidades óculo-manuais, o que nos axudará así a mellorar a nosa coordinación óculo - manual.

Estas habilidades requiren de dous ingredientes moi moi importantes, o primeiro, a constancia, e o segundo, a paciencia ou viceversa jejejeje.

Iniciarse pode ser frustrante, pero asegúrovos que se persistides, poderedes obter resultados.

A continuación, se premedes nas imaxes, poderedes acceder aos vídeos.

Neste vídeo, podemos ver como fabricar bolas de malabares utilizando arroz e unha media (PREMER NA IMAXE)




Agora comparto outro vídeo, nesta ocasión, utilízanse globos e arroz. (PREMER NA IMAXE)


Para finalizar, comparto un vídeo (PREMER NA IMAXE) de iniciación aos malabares, a ver se vos animades e vos vai saíndo algo, xa sabedes, paciencia e constancia.
Este vídeo está moi ben, paréceme ideal para iniciarse.


Iso é todo por hoxe, unha aperta e moito moito ánimo!!!
AMPLIACIÓN 3ª SEMANA EDUCACIÓN FÍSICA:

Ola queridos alumnos e alumnas, que tal estades?  gustaríame saber algo de vós, saber como vos vai e saber se estades á facer estas actividades que subo ao blogue.

Hoxe vou a compartir un vídeo moi interesante. (PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO) Como ben sabedes, este ano estivemos traballando os xogos tradicionais, e especialmente o salto a comba.




Sei que algúns tedes comba na casa e outros non, por iso, comparto un vídeo titorial no que ensinan como facer unha comba utilizando bolsas de lixo.
Se os vosos pais ou nais teñen algún cable inservible ou algunha corda que non usen, poderíase adaptar para utilizar coma comba, que vos axuden nesta tarefa e preguntade sempre antes de coller algo.
https://www.youtube.com/watch?v=hDeyBX1222s



Neste vídeo (PREMER NA IMAXE) amosan como fabricar a túa propia comba con material de refugallo. Se a tedes por casa, ou conseguides fabricala, practicade os saltos da seguinte maneira:

- Saltar coa pata coxa ( a ver cantos saltos sodes capaces de facer )
- Saltar coa outra perna  ( a ver cantos saltos sodes capaces de facer )
- Saltar cos dous pes xuntos.
- Intentar saltar a corda pasándoa hacia atrás (Espalda)
- Practicar o cruce a ver se vos sale.
- Combinar estes saltos ( cunha perna, cas dúas, unha vez con cada unha coma se andáramos...)

* Comparto outro vídeo no que explican moi ben a técnica dos saltos básicos.(PREMER NA IMAXE)


https://www.bing.com/videos/search?q=SALTOS+COMBA+BASICOS&docid=608006436266442777&mid=A71AAAEDE32F9544D554A71AAAEDE32F9544D554&view=detail&FORM=VIRE


A comba é unha actividade moi moi completa, máis completa que camiñar ou correr. Se tedes a oportunidade, practicade un pouquiño todos os días.

Faríame moita ilusión que me mandárades un vídeo practicando algunha destas cousas que vos recomendei.

Moitos saudos!!!!






TERCEIRA SEMANA (30 marzo – 5 abril)

Moi boas a todos e a todas, que tal estades? Espero que vos vaia ben e que estedes a facer todos os días un pouquiño de exercicio, como ben sabedes é fundamental moverse nestes tempos de confinamento.
A continuación vou a dar unha serie de recomendacións, infomación e unha proposta de sesión.

EXERCICIO NA TELEVISIÓN:

Por se non o sabíades, hai unha canle que fai un programa de televisión para movernos pola mañá:

Canle: TVE 2.

Programa: Muévete en casa.

Hora: 9:00

Paréceme unha idea interesante, xa que as propostas que se fan dende o blogue quedan supeditadas á realidade de cada un. Hai xente que ten terreo e non ten problema para que os nenos e nenas xoguen, pero haberá tamén nenos e nenas que vivan en pisos, que serán de maior ou menor superficie, e que contarán con máis espazo, material etc. polo tanto, o que quero é ofrecer variabilidade de propostas, xogos para que os poidades adaptar a vosa realidade.

RECOMENDACIÓNS NO CONFINAMENTO:

A área de Educación Física non se limita só ao exercicio físico, o contido que xira en torno a esta materia está recollido en 6 grandes bloques. Un dos bloques versa sobre a actividade física e a saúde. Dentro deste bloque, trátanse temas como:
-       A saúde.
-       A alimentación
-       A hixiene persoal.
-       A autonomía.
-       A ocupación positiva do tempo libre
-       Etc.

Por iso, quero recalcar a importancia de que os nenos e nenas se movan, que salten, que se levanten e se despracen, que fagan tarefas nas que inteveñan tamén os brazos etc.
Que fagan unha alimentación equilibrada, que non abusen da bollería, dos doces etc. que poden utilizarse en todo caso e de forma puntual coma unha forma de premiar ou reforzar unha conduta, pero que non formen parte da súa alimentación diaria.
Recalcar a hixiene persoal, especialmente as mans antes de comer algo. Asegurádevos de que aprenda ben esta conduta, que será necesaria tamén levar a cabo no futuro para sobrelevar esta situación.
Na hixiene persoal, recalcar que as botellas, toallas ou xabrón son cousas que deden formar parte sempre do seu neceser e non compartir cos seus compañeiros e compañeiras.
A autonomía no feito de que canto antes aprendan a atarse os cordóns, cambiarse de roupa ou asearse sós, máis maduros serán.
E por último, a ocupación positiva do tempo libre, en canto a que intenten non abusar dos videoxogos, a estar moito tempo seguido vendo debuxos, tablets ou móviles.
·         Sei ben que non é nada sinxelo aplícalo e que é moi fácil de dicir, pero na medida do posible, temos que intentar que este período de tempo non lles afecte no seu crecemento nin nas súas rutinas, é pasaxeiro, polo tanto cando isto pase, maís sinxelo será para eles volver o día a día.
Despois destas recomendacións, fago unha proposta de sesión.
SESIÓN:

1ª PARTE: QUENCEMENTO

Facemos o quencemento que temos coma rutina antes de comenzar, penso que lles axuda a poñerse en situación e que así traballan a memoria. As partes finais destinadas a mover os brazos e as pernas (sentadillas, saltos) pódense repetir máis veces para activalos máis.

- Sería interesante facer unhas saídas en velocidade partindo dende diferentes posiciòns: Deitados, boca arriba, boca abaixo, sentados, sentados en posición frontal en posición de espaldas. dende cuclillas....

2ª PARTE:

EQUILBRIO: Escollemos libros, periódicos oo calquer obxecto plano que poidan levar enriba da cabeza ( 5 por exemplo e de distinto tamaño) o obxectivo é levar eses obxectos un a un dende unha estancia da casa outra ( dende a sala ata a habitación por exemplo) e despois traelos de volta variando o tamaño das zancadas.

 A PETANCA: 
Facemos bolas de periódico ben prensadas
 (4). Colocamos unha pequena separa dous metros maís ou menos. Marcamos unha referencia. Hai que lanzar as pelotas intentar tocando a máis pequena. Primeiro c aman dominante, despois ca outro e despois alternando. Que reflexionen con cal lle costa máis para interiorizar esquerda/
 dereita.

XIROS:
-       Practicar a croqueta (xirar sobre sí mesmos tumbados)
-       Practicar xiros de distintos grados combinados con saltos de distintos grados ata facer o xiro completo sobre sí mesmo (360)
-       Incluir estos elementos nun pequeño circuito no que poñamos coma obstáculos cousas da casa que obriguen a ao neno ou nena a reptar, ir en cuadrupedia, ir hacia atrás…hai que ter imaxinación.

SALTOS:
·         No pasillo o onde teñamos máis espazo.
-       Deixamos os tenis desatados nun extremos. O neno sae descalzo, ponse un tenis e volve ao punto de partida.
-       Vai a pata coxa co tenis que puxo, e pon o que lle falta e volve correndo.
-       Saltando como unha rá.
-       Saltando hacia atrás.
-       Saltando de lado.
-       Saltando coma canguros.


3ª PARTE:

FLEXIBILIDADE: Para facer co teu irmán ou pai/nai…

INDIVIDUAL:





Moito ánimo e un saúdo!!!!

AMPLIACIÓN DE TRABALLO PARA A SEGUNDA SEMANA DA CUARENTENA:

Moi boas familias e alumnos e alumnas de Malpica,
A continuación fago unha pequena ampliación de traballo para esta segunda semana de confinamento. O meu oxectivo é proporcionar ideas para que os vosos fillos e fillas poidan continuar facendo algo de exercicio a pesar das complicacións . Aqueles que tedes a sorte de contar cun terreo privado para poder saír, animade aos voso nenos e nenas a correr, saltar e xogar, repito que están nunha época de crecemento e que teñen que estimular o movemento co fin de fortalecer as articulacións.

1ª PARTE: 
Considero importante que fagan o quencemento que temos coma rutina antes de comenzar, penso que lles axuda a poñerse en situación e que así traballan a memoria. As partes finais destinadas a mover os brazos e as pernas (sentadillas, saltos) pódense repetir máis veces para activalos máis.

2ª PARTE:
- Sería interesante facer unhas saídas en velocidade partindo dende diferentes posiciòns: Deitados, boca arriba, boca abaixo, sentados, sentados en posición frontal en posición de espaldas. dende cuclillas.... 

SALTO DE PAQUETES (en vez de salto de vallas): 
Buscamos algún obxecto que lles sirva de referencia aos nenos e nenas para saltar. Colocamos por exemplo canutos de papel de periódico no chan (Follas enroladas sobre sí mesmas)separados unos 30 centímetros (aproximadamente) o caso é que lles collan os pes no espazo entre eles. Podemos colocar uns 8 canutos. Facemos as seguintes tarefas de saltos :
* Saltar cos dous pes xuntos.
* Saltar pisando unha vez con cada pe .
* Saltar a pata coxa.
*Saltar ca outra pata coxa.
* De lado
* Calquer outra variente que se vos ocurra.
** Podemos facer un slalom entre estes canutos tamén tipo zig-zag.

QUE NON CAIA:
Facemos unha bola con papel de periódico reforzada con cinta adhesiva, e a proposta é ver cantos toques somos capaces de darlle a bola sen que caia, utilizando as mans (primeiro unha, logo outra...)despois podemos utilizar tamén os pes, é compricado, pero debemos intentar que utilicen máis partes do corpo.

- O LIMBO:
Gústalles moito este xogo. O podemos preparar utilizando un cable longo ou unha corda. Trátase de pasar por debaixo sen tocar esta referencia. Iremos baixándoa pouco a pouco ata que a teñan que pasar reptando. 
* Podemos darlle a volta ao xogo e partir dende o chan e ir subíndoo pouco a pouco, a idea é que agora a pasen por enriba,non ten por qué ser saltándo, senón rebasando, pasando unha perna por enriba e logo a outra.

TAREFAS CON GLOBOS:
Golpeámolo con diferentes partes corporais: Cos distintos dedos da man, cunha man e con outra,  co cóbado, co hombreiro, ca cabeza, co nocello, cos pes etc. Podemos facer a escaleira: pe, xeonllo, muslo, cóbado, hombreiro, cabeza e baixando polo outro lado.
* Tumbados intentar mantelo no aire sen que caia.
* Sentado intentar mantelo no aire sen que caia.
* Levalo dándolle golpes dende unha estancia da casa a outra.



- PARTE FINAL:
Traballamos a respiración. Facemos unha boliña pequena con papel, o obxectivo é que a leven soprando polo chan dun lugar a outro que lle indiquemos (dende a habitación ata a cociña por exemplo). 
* Outra variante pode ser facer varias boliñas e que soprándolles unha vez forte a metan dentro dunha caixa tumbada ou dun vaso tumbado.

Espero que vos sirvan de guía, seguirei aportando material. Os que queirades compartir dúbidas ou contarme que tal ides, xa sabedes, ao final desta publicación na parte de comentarios, podedes dicirme que tal vos vai. 

Todo o meu ánimo e o meu apoio, estou seguro de que vos estades portando xenial.

Moito ánimo!!!!!!










                        

SEMANA 2. (23-29 MARZO)


Ola queridos alumnos e alumnas e familias!! Que tal estades? Por aquí, na miña casa estamos ben, non saímos nada a rúa e cumprimos cos consellos que nos deron dende o principio. NON SAIR DA CASA. Espero que estedes ben e dende aquí mando todo o meu apoio.
Pásovos unha serie de xogos que podedes levar a cabo nas casas, así poderedes ver cal é o que mellor se adapta a vosa situación.



BATERÍA DE XOGOS:
Vexo, vexo: Xogamos co neno ou nena, lle dicimos:
-        Vexo, vexo
-         Que ves ?  ¨Respóndenos o neno ou nena¨
-         Unha cousiña
-          De que cor é?A partir deste diálogo, o neno ou nena ten que ir diciendo cousas que vexa da cor que lle indicamos, e a medida que se acerque (quente) oualonxe (frío) lle imos dando as pistas.


O escultor:
O neno ou nena terá os ollos fechados. Nós (pai/nai) faremos unha figura co noso corpo, por poñer un exemplo cos brazos abertos en cruz. O neno ou nena terá que adiviñar a postura que temos só tocándonos coas súas mans.


O espello ou a sombra: O pai/nai fará posturas, xestos ou movementos e o neno ou nena terá que imitalos, despois podemos cambiar os papeis.

A búsqueda do tesouro: Eleximos un obxecto ou un xoguete do neno ou nena e o escondemos nalgún lugar dunha habitación elexida ou da casa e terá que atopalo. Podemos poñerlle un límite de tempo (3-5 minutos)


Escondite: O neno ou nena terá que buscar un agocho e ficar alí ata ser atopado.

O lazarillo: Poñémoslle unha venda ao neno ou nena , mediante as nosas indicacións terá que chegar a un lugar que lle indiquemos previamente(por exemplo dunha estancia da casa a outra)

As estatuas: Poñemos unha música que lle guste ao neno ou nena e cada vez que a paremos terá que pararse repentinamente, as paradas serán variadas no tempo.

Pares e nones:  Xogo en parellas. Cada un esconde unha man detrás da espalda e eleximos (un pares e outro nones) contamos unha, dúas , tres e ensinamos cada un a man cun número de dedos extendido. Sumamos os dedos, se o resultado é par, gañará o que escolleu pares e se é impar, o que escolleu nones.

A moeda máxica: Xogos de parellas. Un terá unha moeda na man e detrás da espalda, a esconderá nunha man ou noutra, o outro xogador terá que adiviñar en que man a ten. Pódese enfocar dende un punto de vista competitivo, a ver quen chega antes a 5 puntos.

Que falta?: A xogar por exemplo no salón o nunha habitación. O neno ou nena observa a súa habitación ou salón e vaise para outra dependencia da casa. O pai/nai esconderalle o xoguete ou material que queira, cando diga xa, o neno ou nena terá que adiviñar que é o que falte. Sen remexar moito as cousas :-D

Lanza penaltis: Facemos unha portería feita con roupa que farán o papel dos postes , collemos un papel de periódico que podemos reforzar con cinta adhesiva e lle lanzamos a pelota, o neno ou nena sentado, terá que intentar parar os lanzamentos.

Desfile de animais: Por exemplo podemos xogar nunha habitación ou no pasillo, lle indicaremos ao neno ou nena o animal que ten que facer e o desprazamento relacionado con estes animais:
-          SERPE: Facer o desprazamento reptando.
-          CAN LASTIMADO: O desprazamento realizarase con tres apoios ( Cun brazo ou cunha perna levantada)
-          GATO: Desprazamento en cuadrupedia.
-          CANGURO: Saltando con dous pes xuntos.
-          FLAMENCO: A pata coxa e logo con outra.
-          O SAPO: Saltando dende a posición de cuclillas.
-          O GUEPARDO: A máxima velocidade
-          A TARTARUGA: A cama lenta.
-          O CANGREXO: De lado ou cara atrás en cuadrupedia.



Os birlos: Con botellas de plástico ou latas , construimos unha bola de papel reforzada se temos, con cinta adhesiva, e intentaremos derribalos, poden ser botellas, poden ser bonecos de pe ou calquer outro material que se adapte.

Correcamiños: Con duas follas de periódico: Collemos dúas follas de periódico. Partimos dende un extremo da casa e temos que chegar a outro (outra habitación) pisando só enriba dos papeis. Un o levan na man, o outro o colocan e pisan enriba, unha vez enriba, colocan o outro diante,e así sucesivamente sen tocar o chan.

Saltar o río: Con dous cables postos en paralelo (por exemplo, valdrían cordas) O neno ten que saltar dun lado ao aoutro do río sen pisalo, porque no río hai pirañas. Cada vez que salte, faremos o río un pouquiño máis ancho,  ata ver ata onde é capaz de saltar.

Malabares:  Construimos con papel de periódico duas pelotas de papel ben compactas e realizaremos xogos de iniciación aos malabares:


O robot ao que se lle esgotan as pilas:  O neno ou nena móvese coma se fora un robot, e ímoslle dando as seguintes pautas:
-          Acábanse as pilas dunha man.
-          Acábanse as pilas duna brazo
-          Acábanse as pilas dunha perna.
-          Acábanse as pilas do pescozo.
-          Acábanse as pilas doutro brazo
-          Acábanse as pilas da espalda.
-          Acábanse as pilas da cabeza.
-          Acábanse as pilas da outra perna.
-          Acábanse as pilas do corpo: O nenos ou nena acaba tirado no chan relaxado, só se poderá poner de pe cando lle poñamos unha pilas novas (facéndolle cóxegas)



VEÑA ,A MOVERSE MOITO E OLLIÑO CAS CONSOLAS E O SILLONBOL
                                                      
                                                               SAUDOS!!!
Anímate a facer comentarios, dúbidas ou a compartir algunha foto.
ÁNIMO!!


LIGAZÓNS DE INTERÉS NESTA CUARENTENA:

Ola a todo o mundo e moito ánimo!! achego unha serie de ligazóns relacionadas con actividades que podedes facer na casa. Haberá cousas que non se podan levar a cabo por falta de material ou espazo. O que pretendo é achegar ideas e que poidades escoller as que mellor se adapten as vosas circunstancias e podades ter así recursos. Combinarei propostas de sesións con baterías de xogos e ligazóns de interese.

É moi importante que os nenos non pasen demasiado tempo xogando a videoxogos ou vendo debuxos animados un tempo prolongado de tempo.

Están nunha etapa de crecemento, polo tanto o movemento é imprescindible para fortalecer músculos, tendóns , articulacións e osos. Na medida do posible, cando poidades e o tempo acompañe, que lles dea o sol xa que a vitamina D é moi importante para o crecemento. (o que poida entrar pola fiestra)

A falta de mobilidade, en algúns casos, pode desembocar en aumento de peso, sería interesante que tiveran, dentro das posibilidades unha dieta equilibrada (sen abusar de chuches, bollería e doces), e non comer moito na cea, pois son calorías que non van a queimar e quedarán almacenadas.

Sei que é compricado levar a cabo tantas cousas, simplemente intento dar unha pautas e recomendacións.

AHÍ VAN AS LIGAZÓNS:

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA:

Neste vídeo, as actividades que se propoñen son:
- Traballo óculo-man cun globo.
- Golpeo do blobo con raqueta.
- Slalom entre botellas.
- Multisaltos sobre pau de vasoira.
- Lanzamentos (encestar nunha tarteira)

XOGOS ORIXINAIS PARA ENTRETER AOS RAPACES:


Neste vídeo achéganse varios xogos non só específicos de Educación Física, senón de outras modalidades. Son xogos moi interesantes e que penso que todos os poderedes levar a cabo. Aconsello ver estas dúas ligazóns, pódense sacar ideas moi interesantes.

UNHA APERTA GRANDE!


 SEMANA 1 (do 16 ao 20 de marzo de 2020)



SESIÓN 1:

1- Temos de rutina unha movilidade articular que facemos todos os días antes de empezar e que os nenos e nenas coñecen. ¨QUENCEMENTO¨

2- Traballamos o EQUILIBRIO e entramos en calor: 

Necesitamos unha folla de periódico e música. 

Colocamos a folla estirada no chan e poñemos a música - ALGUNHA QUE LLES MOTIVE- ( o neno ou nena ten que bailar con intensidade diante da folla). 
Cada 15/20 segundos paramos a música e nese instante o neno ou nena tense que poñer enriba do periódico. Unha vez feito isto, dobramos a folla pola metade e continuamos ca música (non bailan enriba da folla) e aos 15/20 segundos volvemos a parar, volvendo a colocarse enriba. Volvemos a dobrar a folla e continuamos coa música e sí sucesivamente mentras a folla vaise facendo cada vez máis pequena e ao neno ou nena lle costa máis manter o equilibrio cando para a música. (Cada vez que se para, dóbrase a folla, e acabará facendo equilibrios sobre un pé coa superficie cada vez máis limitada)
* Variante: Bailar enriba da folla e parar a música cada 15/20 segundos, dobrar a folla a metade e seguir bailando enriba, así sucesivamente mentras o neno ten cada vez máis dificultade para bailar.

3- Con outra folla de periódico faremos o seguinte: TRABALLO DE DESPRAZAMENTOS E EQUILIBRIO.

- Poñen a folla estirada enriba da cabeza e recorren o pasillo sen que lles caia (ida e volta variando de velocidade).
- Poden facer o mesmo pero a ¨catro patas¨ levando o papel na espalda.
- O mesmo levando a folla sobre un hombreiro e logo sobre o outro.
- Reptar ca folla enriba da espalda sen que caia

4- Collemos a folla de periódico e facemos unha bola. TRABALLAMOS AS HABILIDADES MOTRICES . 
Con esa bola feita faremos o seguinte:
- Lanzar hacia arriba, dar unha palmada e collela sen que caia ao suelo.
- Lanzar hacia arriba, dar dúas palmadas e collela sen que caia ao suelo.
- Nivel pro: Dar tres, catro ou maís a ver cantas son capaces de dar :-D
- Lanzar hacia arriba, tocar o chan e collela.
- Lanzar hacia arriba, dar un xiro sobre sí mesmo e collela.
- Combinacións tipo lanzar ao aire, tocar chan, dar unha palmada e collelo...
* Variante: Lanzar cunha man, coa outra, cas dúas...

5- Con esa bola (ou outra que podemos reforzar con cinta adhesiva) xogaremos ao ¨ bolacesto¨. Collemos unha referencia e facemos uha pequena competición co neno ou nena a ver quen mete máis lanzamentos variando as distancias de lanzamento. Podemos utilizar de canastra unha caixa de cartón, un cubo... 4 referencias distintas e en cada referencia 4 ou 5 lanzamentos.

6- RELAXACIÓN: ligazón para facer un exercicio de relaxación.






SESIÓN 2:                         

1ª PARTE.
-      Rutina de quencemento que os nenos xa coñecen.(Movilidade articular).

Elevamos a activación: Faremos (en función do espazo que teñamos) saídas en velocidade da seguinte maneira:
-      Deitados boca abaixo, levantarse e correr ata a referencia que lles marquedes.
-      Deitados boca arriba igual.
-      Sentados coas mans levantadas.
-      Dende a posición de cuclillas.
-      Dando saltiños dende a posición e saída cando lle indiquemos.



2ª PARTE:
Podemos facerlles un pequeno percorrido utilizando distinto material que temos na casa, tipo carreira de obstáculos:
-      Pasar por debaixo dunha silla, saltar unha caixa, reptar polo sofá, saltar a pata coxa, desprazarse cara atrás, pisar sobre unos posa vasos aumentando a distancia (ou papeis) onde só poden pisar sobre eles etc. é cuestión de poñerlle imaxinación e adaptarse as cousas que temos a man.


3ª PARTE: (Para xogar con eles)
1,2,3 PLAS/ 1,2,3 ESCONDITE INGLÉS OU PALOMA BRANCA-PALOMA NEGRA.   LIGAZÓN: 


BRUXA MANDA COR. Decímoslles: Bruxa manda cor… e dicimos unha cor que haxa na sala, o  neno ou nena ten que saír correndo a tocar esa cor no menor tempo posible ou a bruxa poderá collelos. Tamén podemos cambiar os papeis e que no lo digan eles a nós, pode ser divertido.



VOLTA Á CALMA:
Reproducimos o nacemento dunha planta.
O neno está no chan en posición fetal, e lle imos guiando dicíndolle:
A semilla estálle dando o sol , agora vouna regar ( e facemos simbólicamente o xesto dunha regadeira)
Daquela o neno ou nena moi lentamente vaise incorporando, sentado, levantándose (a modiño) abrindo os ramas (brazos) e as flores (mans), cando a planta xa está completa,  o sol marcha e vaise marchitando pouquiño a pouco ( dedos, mans, pulso, brazos, corpo, cabeza…. Como derritíndose) unha vez rematen, permanecen un par de minutos no chan notando a respìración e o movemento do peito que sube e baixa.



Veña, a moverse!    

Estades convidados a subir algunha foto,realizar comentarios ou compartir dúbidas.






Inglés 

COOK- LAB RECIPES
Aquí vos deixo algunhas das receitas feitas por vos no COOK-LAB.

Muffins (magdalenas)













Tuna dumplings (emanadillas)




                                                   
         

















 Sausage rolls



                                                               

Mini pizzas









BETTER  LATE THAN NEVER


                                                               Iker's works









ENGLISH-16/6/20




  TRABALLO PARA 3º-4º

Hello everybody . I hope you are well. This is the last work before the summer holidays(este é o último traballo antes das vacacións de verán).
1-Food revision. ides repasar os alimentos con este vídeo.
2- Facer estas fichas interactivas de repaso.
3- Facer unha receita: strawberry and banana smoothie.(mandar foto do batido)

HAPPY SUMMER HOLIDAY!!












h
Food vocabulary (unit 5)







There is - There are





r
Strawberry Smoothie Recipe







 28/5/2020
 Hello children. I hope you are all well. We are going to revise  some sports and hobbies  with these activities. Enjoy.

A big hug from the teacher.


TRABALLO 3º-4º-HOMEWORK

Imos repasar algúns deportes e hobbies con este vídeo.
 Despois facedes estas fichas interactivas e completades a canción
Debuxar o voso deporte e hobby e escribir en inglés cales son.
 My favourite hobby is/ My favourite sport is.....
Por último escribir tres deportes que sepades facer e tres que non.
I can.......I can't......


Sports


Sports song



ENGLISH 18/5/2020


- Ficha interactiva">
School objects and articles

TRABALLO DE REPASO PARA 3º-4º..REVISION

Hello everybody. I hope you are well and safe.
Aquí vos deixo unhas fichas interactivas de repaso. Para velas tendes que facer click en School objects and articles e xa a podedes facer on line e despois pasala  a libreta.
Kisses from the teacher.
<>
ENGLISH 11/5/2020


 TRABALLO PARA 3º-4º  HOMEWORK-REVISION

















ENGLISH  9/5/2020


















                                                                Danielas's works     





















                                                           Very good Lucía







ENGLISH: 3/5/20

A quí vos deixo o traballo de Mother's Day feito por Alonso de 3º




                                                         Very good Alonso!




24/4/20

ENGLISH PROYECT: MOTHER'S DAY(3º-4º)

Hi children .I hope you are well and safe at home.
O próximo domingo é o Día da Nai en España. No Reino Unido é no mes de marzo.
Por eso pensei en facer algo para as mamás como facemos sempre na clase e así podedes regalarlle algo feito por vos.
SEE YOU SOON! KISSES











15.4.2020

ACTIVITIES  4º PRIMARIA

Proyect: Making a clock to practise the time. What's the time ? / What time is it? It's ....

DIRECTIONS
-3 cardboards of different colours( tres cartulinas de cores).
-Scissors.(tesoiras)
-One bookbinder (un encadernador).
-A  felt-tip ( un rotulador)


To practise the time!




14.4.2020

ACTIVITIES  3º PRIMARIA


Hello children.: How are you? I hope you are very well and safe at home.

O traballo que vos propoño é facer un libro sobre vos mesmos que se titula " All about me book".

Neste traballo tendes que escribir, debuxar e colorear e cando rematedes grampádelo coma se fose un libro.

Deixo o exemplo para seguir o modelo e que con papel, lapis, goma e cores vos poñades a crear o voso libro "Todo sobre min" (All about me book)


Page 1 - A portrait of me.... (un retrato/debuxo de ti)
Page 2 – The color of my eyes is......( a túa cor de ollos).
Page 3 – I write with my ........ hand. ( a man ca que escribes right - dereita e left - esquerda)
Page 4 – I am..... years old.. (a túa idade)
Page 5 – I live in a  My address is........  (onde vives nunha house - casa ou nun flat - piso e a túa address - dirección)
Page 6 – There are ... people in my family. (debuxar a familia e decir cantos sodes)
Page 7 – My phone number is.......(nº de teléfono)
Page 8 – My favorite color is... (a cor favorita)
Page 9 – My favorite things ...(cousas, xoguetes favoritos, escribilos e debuxalos)
Page 10 – I have .....pets at home. (mascotas que tendes e debuxos)
Page 11 - My favourite food... (a miña comida favorita)

Espero que vos guste esta actividade. I hope you like this activity.
See you soon..Lots of kisses from the teacher.



3.4.2020

Para que vos divirtades aprendendo deixovos este enlace de imaxes relacionado coa Pascua/Easter.

Enlace : easter crafts for children.

Happy Easter. Lots of kisses.


Easter Printables | Happy Easter Wishes - Free Coloring Pages for Kids - Printable ...

https://es.liveworksheets.com/kq7551of




Música
7. PIANO VIRTUAL
Nesta actividade propóñovos que exploredes diferentes audicións a través dun piano virtual no que poderedes ver e escoitar como son reproducidas diferentes obras clásicas do seu catálogo. Atópase na seguinte ligazón:


Na parte de arriba da páxina veredes os controis do reprodutor e o tempo restante da audición. Xusto á súa dereita veredes o compositor e a obra seleccionada, a cal comezará a soar ao darlle ao botón de reprodución. Se queredes cambiar de obra ou de compositor, simplemente clicade sobre o seu nome e así accederedes ao catálogo completo, onde poderedes explorar obras de diferentes autores. Atoparedes, entre moitos outros, a  Mozart, Chopin ou Bach. Tamén poderedes escoitar obras de Beethoven, compositor do que se cumpren 250 anos do seu nacemento neste 2020.



Departamento de Orientación

Boas 

Adxuntamos un documento para que poidades practicar xogos de mindfulness na casa cos vosos nenos/as. 





https://drive.google.com/file/d/1apx9dwzgKOmEX8MGYhl8-YWp_7xtUvdp/view?usp=sharing





Guía para o acompañamento emocional na infancia durante o confinamento. 







https://www.observatoriodelainfancia.es/oia/esp/documentos_ficha.aspx?id=7054



Traballar coas emocións!






https://aulasgalegas.org/educacion-emocional-na-casa/





Ola familias!
Sabemos que estades atravesando situacións extraordinarias e difíciles nestas semanas de confinamento, o que supoñen para todos nós (alumnado, familias e profesorado) un esforzo enorme de aprendizaxe e tamén de adaptación.
Sabemos que os nosos nenos e nenas son unha fonte de enerxía renovable, que non se esgotan, e que a súa capacidade de rexeneración é infinita… mais por mor da situación que estamos a vivir ás veces poden experimentar emocións negativas tales como a frustración, ansiedade, incerteza, pena por non poder ver ós seus compañeiros/as, xenreira, enfado,…
Por iso desde o Departamento de Orientación queremos ofrecervos un enderezo electrónico para poñernos á vosa disposición cando se vos presenten dificultades, ou tamén para que nos contedes todo o bo que estades aprendendo desta situación.
Animádesvos?
Podedes enviarnos os vosos debuxos sobre o que sentides, unha redacción de como vos atopades durante o confinamento, unha foto coas actividades que facedes, un vídeo explicativo,… o que vos queirades e consideredes mellor!
O enderezo electrónico que se empregará para tal fin é o seguinte: alumnadomilladoiro@gmail.com
Por suposto, tamén estamos á disposición de todas as nais e país para tentar resolver todas as dúbidas que se lles presenten así como axudalos e asesoralos da mellor maneira posible.
Sabemos que sempre é necesaria a colaboración entre a familia e a escola, sendo nestes momentos imprescindible tender canles de unión tendo ámbalas dúas vertentes un destino común: o benestar psicolóxico e emocional do noso alumnado.
E tendo sempre presente que todos unidos, o coronavirus será vencido!

Atentamente,
Jonathan Guardado Gesto, mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica
Vanessa M. Montes Garrido, mestra especialista en Audición e Linguaxe
Sheila Rodríguez Trigo, orientadora
Ana Seoane Cives, mestra especialista de Pedagoxía Terapéutica




Relixión



Algunha das actividades que podedes encontrar en internet son:

- Juegos de cristianismo para colorear.

- Oracións para nenos/as.




Recursos variados
Boas
Achegamos un enlace con un vídeo para que se queredes practiquedes ioga ( o ioga é unha técnica que conecta o corpo, coa respiración e a mente e axuda a mellorar o benestar corporal, practicase mediante psoturas físicas e con exercicios de control da rerspiración e da meditación). 

Con este enlace accededes a un vídeo  e desde ese vídeo podedes ver máis relacionados co ioga e coas posturas que podedes practicar.


https://www.youtube.com/channel/UC8m4ehVIJWKwJgK5ZfUxgkg


Boas tardes.



Desde a cidade da cultura proporcionáronnos unhas actividades para traballar sobre Ricardo Carvalho Calero (como sabedes é o autor homenaxeado este ano o 17 de maio nas letras galegas).

No seguinte enlace tedes que resolver catro enigmas e coñeceredes máis sobre a vida e obra deste autor tan destacado na nosa terra.

Ánimo!



https://drive.google.com/file/d/1eKEx5c5lxJeWJ3mDjOh8JknMTc8Lg6i0/view?usp=sharing


Boas chic@s


Que saibades que a serea Leo nos bota moooooiiitooo de menos, e non lle gusta nada ver o cole tan baleiro, Así que decidiu deixarvos unha mensaxe, accedede ao enlace e intentade descubrir o que vos quere dicir.



Boa sorte! 



Deixámosvos un enlace a un conto que se titula "Los zapatos de Marta", neste conto ides aprender moitas cousas novas, entre elas o valor da amizade, e ademais divertirédesvos coas aventuras de Nico, Marta e Lucas.








Boas!! 


     Recordades que no primeiro trimestre fixéramos unha saída a Santiago? 

     Pois desde a cidade da cultura convídannos a que celebremos o día da danza. A través desta ficha didáctica faredes un percorrido no que viaxaredes desde o neolítico. ao antigo Exipto, á Idade Media ata a actualidade; nunha travesía na que hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.

      Ademais, convídannos a mandar un vídeo bailando ao seguinte correo electrónico:  onlinecidadedacultura@gmail.com   (ata o venres 01 e maio para editalo e crear unha peza conxunta).


     Preme no seguinte enlace para acceder á ficha:     


Boas tardes nenos e nenas. 


Aquí vos deixamos o enlace a un conto que é moi bonito, trata sobre o sentimento de amar e os corenta rasgos que ten a palabra amor, entre eles o coidado, a xenerosidade, a colaboración... esperamos que o desfrutedes en familia. 








Ola nen@s ! 



Tanto as titoras (Jessica e Eva) como a PT (Ana) estivemos valorando os vosos arcoíris, e como nos gustaron moito todos aquí vos deixamos un diploma que poderedes personalizar poñendolle o voso nome. 








Recordade que o estades facendo moi ben quedando na casa e que xuntos podemos! 





Boa tarde chic@s


A continuación podedes ver un xogo da oca, pero non é unha oca como a que tod@s coñecemos e podemos ter na casa, é un xogo da oca sobre o coronavirus que fixeron uns compañeir@s dun cole de Ferrol.

Como a oca convencional podedes xogar en familia e ademais de aprender e repasar as actuacións que debemos ter para loitar contra o COVID – 19 podedes practicar un pouco de deporte.

Esperamos que vos guste e que vos faga esta época de confinamento máis levadeira e recordade que xuntos podemos!








Boa tarde!


Achegamos este enlace web no que podedes atopar moitos recursos para poder traballar na casa as distintas materias, dentro de cada materia hai diferentes tarefas como rectos e actividades, esperemos vos gusten e vos faga máis amena a corentena. 


          https://aprendoencasa.educacion.es/familias/infantil-y-primaria/

Ningún comentario:

Publicar un comentario