16/03/20

OS RÉPTILES

Posto que hoxe tocou traballar Ciencias da Natureza, enlázovos aquí uns vídeos sobre o que traballamos.
Podedes facer algo parecido ó que facemos na clase, védelos, anotades preguntas, e logo facédesvos as preguntas en familia. Quen acertará máis?
Réptiles
Curiosidades sobre réptiles
Réptiles en INGLÉS

3º: traballo Cuarentena

Esta é a proposta de traballo da profesora titora de 3º para o seu alumnado.

12/03/20

Mulleres na Ciencia

As nenas e os nenos de 4º E.P fixemos unha presentación na biblioteca, da muller científica que escollemos: MILEVA MARIC.


Deixámosvos aquí o discurso das nosas compañeiras, e tamén o enlace ó vídeo que elaboramos todos xuntos/as.


" Hoxe estamos aquí conmemorando o día da muller. Esta celebración existe para reivindicar a igualdade de dereitos e de oportunidades entre os homes e as mulleres.
Este curso analizamos a importante labor da muller na ciencia.
Está é a muller que nós escollemos ( mostra unha imaxe de MILEVA MARIC). alguén sabe quen é?
Alguén sabe quen é este home? (mostra unha imaxe de ALBERT EINSTEIN.
Velaquí a necesidade de celebrar o día da muller.
As nenas de 4º de educación primaria, coa axuda nos nosos compañeiros, fixemos este vídeo, con el queremos que a próxima vez que vexades esta imaxe, sepades que tedes diante a nai da TEORÍA DA RELATIVIDADE.
Posto que estamos nunha biblioteca, ocúrresenos pechar a nosa exposición lembrando a VIRGINIA WOOLF.
Virginia Woolf foi unha escritora británica que reinvindicou os dereitos da muller. Nunha ocasión dixo que < atreveríame a aventurar que Anónimo, que tantos poemas escribiu sen firmar, era, a miúdo, unha muller.
Moitas gracias, e recordade que a igualdade é algo que construimos todos e todas, día a día.
Queremos agradecer a colaboración dos nosos compañeiros. Eles traballaron igual ca nós, e cedéronnos a nós todo o mérito."
Podes ver o vídeo pinchando aquí.



12/02/20

Visita ó MUNCYT

O pasado martes día 11 de febreiro, con motivo do DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA, as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, fomos ó MUNCYT, o museo científico e tecnolóxico da Coruña.

Descubrimos curiosidades sobre os avións, sobre os inventos máis relevantes de cada década... FOI UNHA EXCURSIÓN FANTÁSTICA!










  





03/02/20

Vacina do bo trato

Este ano o conxunto do cole enmarcamos a conmemoración do Día Escolar da non violencia e a Paz, dentro do 
PDI Visión 3C 
( Ciencia, Comunicación, Creatividade)

Polo tanto, dunha banda, analizamos o significado do símbolo máis universal da paz. Descurbrimos que se trata dun sistema alternativo de COMUNICACIÓN. Pois representa as letras D e N do alfabeto semáforo, unha linguaxe mediante bandeiras que os marines empregan para comunicarse. 
En realidade foi creado para apoiar a campaña do Desarme Nuclear, no Reino Unido, en 1958.
https://www.biobiochile.cl/noticias/sociedad/curiosidades/2018/09/15/el-desconocido-significado-del-simbolo-de-la-paz.shtml

Por outra banda, unímonos a campaña de UNICEF da vacina do bo trato
Para crear a nosa vacina do bo trato, comezamos deseñando o VIOLENTOVIRUS, e todo o que representa. Buscamos noticias nos xornais, relacionadas cos síntomas do violentovirus.

A continuación, analizamos os prospectos de diferentes menciñas. Unha vez nos familiarizamos coa linguaxe científica:
Deseñamos a nosa propia menciña, a VACINA DO BO TRATO!  con ela, as noticias violentas volvéronse 
noticias de paz, amor, sorrisos e abrazos!






09/01/20

Dereitos da Infancia: Dereito á protección

Os alumnos de 3ºde primaria do CEIP Milladoiro fixemos un cartel para celebrar o día dos Dereitos da Infancia. O dereito que escollimos para representar mediante pictogramas foi o Dereito a non ser abandonado nin explotado.

13/12/19

Ciencia na aula

Dende tempos inmemoriais, os volcáns espertan a curiosidade dos Seres Humanos.

 Centos de lendas xiran o seu redor, e a pesar de que  na actualidade, a ciencia é quen de explicalos, seguen deslumbrándonos. 
https://www.bebesymas.com/ninos-de-3-a-6-anos/el-creador-de-bob-esponja-habla-sobre-las-criticas-a-su-personaje


Ante tanta expectación, imposible non poñernos a investigar!!!






20/11/19

Día Universal dos Dereitos do Neno/a

O 20 de novembro, coma cada ano, conmemoramos no Día Universal dos Dereitos do Neno/a, 
a firma da convención sobre os DEREITOS DO NENO/A, de 1989.






























Atendendo o PDI do centro deste curso, abordamos esta reivindicación empregando un sistema alternativo de comunicación,                              OS PICTOGRAMAS.

05/11/19

Esto é o que somos

No curso pasado inauguramos as nosas novas instalacións. Pasamos a formar parte dos centro piloto nos que a Consellería explora a evolución do modelo de biblioteca escolar acorde coas necesidades do alumnado actual e coas tendencias en materia bibliotecaria e educativa. estamos moi orgullosos da nosa traxectoria de excelencia educativa. Hoxe os centros LIA2 son 20. Cando nos seleccionaron a nós eramos 12 de toda Galicia (de Infantil a Bacherelato) Así que: 
podedes presumir de cole!