E digo eu...que vos parece o conto de
Brancaneves?
Así comezou todo na aula de 3º!
- Por que sempre lles acontecen as historias a príncipes e princesas?
- A mellor cualidade a envexar dunha persoa é a súa beleza?
- Por que sempre a protagonista feminina ten que ser salvada por un protagonista masculino?
- Por que todo acontece en reinos lonxanos e non en Malpica?
- Etc...
Asique os alumnos de 3º imos elaborar a nosa propia versión de Brancaneves. Para isto son moitos os pasos que imos dar. Seguídenos porque promete ser interesante!
PROCESO
- Andamos a recopilar e ler distintas versións de Brancaneves e analizando as distintas ilustracións.
- Leremos outros contos clásicos en versión orixinal e politicamente correcta.
- Análise do conto. A partires da versión orixinal de Brancaneves elaboraremos unha táboa cos elementos clásicos enfrentados ca proposta da aula para a elaboración dunha nova versión.
- Para organizar a estructura do conto elaboraremos un mural co mapa mental do conto realizado a base de imaxes e palabras clave.
INICIO NÓ DESENLACE
5. A partires do mapa mental redactaremos o
novo conto.
6. Elaboración dun
video co resultado.
CONTOS POLITICAMENTE CORRECTOS