30/03/12

Ovos de Pascua





Aproxímase a Pascua. Darco e mais a súa nai contáronnos como é tradición no seu pais: Bulgaria.
O xoves de Pascua cocen os ovos con sal, aceite, vinagre e cebola para selar a cáscara. Logo sumérxenos na pintura cunha culler e déixanos secar. O Domingo de Pascua, chocan uns contra outros e o que rompre perde. Fixémolo na clase e é increible como algúns ovos son todos uns campeóns. Non rompen!!!!Acaban con todos!
Aquí tedes un gañador e un vencido.

Un dos ovos píntase de vermello e gárdase para a Pascua do vindeiro ano, momento no que se romperá. Se está en boas condicións traerá a bendición para esa familia.



Tamén fan ovos de decoración con ingredientes da cociña. Vacíase o ovo por un pequeno burato. Cóbrese a cáscara con cola e alí pegamos os distintos alimentos ou materiais.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario